[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pasítea (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As tres Grazas, por Antonio Canova (Ermitage, San Petersburgo)

Na mitoloxía grega, Pasítea (en grego antigo Πασιθέα Pasithea, "relaxación"), era unha das Cárites (en grego antigo Χάριτες), máis coñecidas como as tres Grazas, e era a personificación da relaxación, a meditación, as alucinacións e todos os demais estados alterados da conciencia.

Adoita dicirse que estas tres deidades eran fillas de Zeus e Eurímone, pero segundo o poeta Nono de Panópolis era filla de Hera,[1] e de Dioniso.[2]

Pasítea estaba casada con Hipnos, o deus do sono.[3]

As súas irmás eran Aglaia ("a resplandecente"), Eufrósine ("a alegría") e Thalía ("a florecente"). Na mitoloxía romana coñecíanse como as Gratiae, as "Grazas".

No libro 14 da Ilíada de Homero, Pasítea era unha das Cárites máis xoves. Hera prometeuna en matrimonio a Hipnos, o deus do sono a cambio dun favor: se o axudaba a dormir a Zeus.

Outra Pasítea

[editar | editar a fonte]

Segundo Hesíodo, Pasítea era tamén o nome de unha das Nereidas.[4]

  1. Nono, Dionisíacas, 31.103.
  2. Nono, Dionisíacas, 15.87; 33.4.
  3. Homero, Ilíada, 14.268, 276
  4. Hesíodo, Teogonía pp. 240 e seg.