[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Papeis de Panamá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Países con políticos ou cargos oficiais implicados na filtración do 3 de abril de 2016

Os papeis de Panamá son unha filtración de 11,5 millóns de documentos confidenciais que achegan información polo miúdo de máis de 214 000 empresas evasoras de impostos listadas pola empresa panameña Mossack Fonseca, incluíndo as identidades dos accionistas e directores de devanditas empresas. Os documentos amosan como individuos como moitos capitais, incluídos funcionarios públicos, agochan os seus cartos do escrutinio público. No intre da publicación, os papeis identificaron a cinco líderes estatais da Arxentina, Islandia, Arabia Saudita, Ucraína e os Emiratos Árabes Unidos; así como funcionarios do goberno, parentes seus, e xente próxima a xefes doutros corenta países, entre os cales están o Brasil, a China, Francia, a India, Malaisia, México, Paquistán, o Perú, Romanía, Rusia, Suráfrica, España, Siria e o Reino Unido. O Reino Unido foi sinalado polos medios de comunicación "o corazón dunha rede de evasión de impostos para super-ricos".[1]

  1. "David Cameron urged to act on Panama Papers as UK named 'at heart of super-rich tax-avoidance network'". The Independent (en inglés). 5 de abril de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]