[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Panzerjäger I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panzerjäger I
Tipocazacarros
OrixeAlemaña
En servizo1940 - 1943
Usado porAlemaña
GuerrasSegunda guerra mundial
DeseñadoAlkett
Producido1940 - 1941
Construídos202
Munición4.7 cm Pzgr 36(t) e 4.7 cm Pzgr 40
editar datos en Wikidata ]

O Panzerjäger I foi o primeiro cazacarros alemán en entrar en servizo durante a segunda guerra mundial. Montaba un canón anti-carro Czech Škoda 4.7 cm PaK (t) nun chasis Ausf. B convertido dun Panzer I. Deseñouse coa intención de contrarrestar aos carros pesados franceses como o Char B1, que superaban as capacidades do canón antitanque 3.7 cm PaK 36 entón en servizo, e serviu para alongar a vida útil dos obsoletos Panzer I. 202 Panzer I foron convertidos ao Panzerjäger I en 1940 e 1941. Foron empregados na Batalla de Francia, na Campaña do Norte de África e na Fronte Oriental.