[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Paheli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Paheli
Ficha técnica
Título orixinalपहेली
DirectorAmol Palekar
ProdutorGauri Khan
GuiónSandhya Gokhale
Baseado enDuvidha de Vijayadan Detha
IntérpretesShah Rukh Khan
Rani Mukerji
Juhi Chawla
Anupam Kher
Amitabh Bachchan
Sunil Shetty
Rajpal Yadav
MúsicaCancións:
M.M. Kreem
Banda sonora:
Aadesh Shrivastava
FotografíaRavi K. Chandran
MontaxeAmitabh Shukla
Steven H. Bernard
EstudioRed Chillies Entertainment
DistribuidoraEros International
Estrea24 de xuño de 2005
Duración141 minutos
OrixeIndia India
XéneroFantasía
Orzamento140 millóns [1]
Recadación320 millóns ₹[1]
Na rede
IMDB: tt0451850 Filmaffinity: 844838 Allocine: 60795 Mojo: paheli Allmovie: v327527 TCM: 629270 Netlix: 70039405 Editar o valor en Wikidata

Paheli (en hindi: पहेली) é un filme indio de 2005 rodado en lingua hindi e dirixido por Amol Palekar. É un remake do filme de 1973 Duvidha de Mani Kaul, e baséase na historia escrita por Vijayadan Detha en lingua rajasthani. Tamén foi parcialmente inspirado polo filme canarés de 1997 Nagamandala, baseado á súa vez na obra homónima de Girish Karnad.[2] Foi producido por Juhi Chawla, Aziz Mirza, Sanjiv Chawla e Shah Rukh Khan, quen tamén é o protagonista. Conta a historia dunha esposa (Rani Mukerji) cuxo marido (Khan) marcha de viaxe de negocios xusto despois de casar, e recibe a visita dun xenio, disfrazado do seu marido, que está namorado dela e ocupa o seu lugar no fogar. A historia de Detha, que fora adaptada anteriormente ao filme de 1973 por Mani Kaul, ten orixe folclórica.[3] Porén, Paheli diverxe do seu material orixinal e das adaptacións anteriores ao dar á trama e ao seu personaxe feminino principal un carácter máis feminista.[4]

Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 78ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Paheli". Box Office India. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2015. Consultado o 23 de agosto de 2015. 
  2. "Top ten Kannada films to have been remade". The Times of India. 
  3. Martins, Constantino; Damásio, Manuel (15 de agosto de 2016). Seduction in Popular Culture, Psychology, and Philosophy. IGI Global. p. 140. ISBN 978-1-5225-0526-6. Detha's ostensibly simple folktale published in of the 1970s, with its multi-layered texture, has become a favorite for film makers: two veteran film directors - Mani Kaul (who made Duvidha in 1973) and T.S. Nagabharana (made Nagamandala in Kannada, in 1997) before Palekar-Gokhale remade it as Paheli in 2005. 
  4. Journal of Dramatic Theory and Criticism. University of Kansas. 2014. p. 66. 
  5. Ashraf, Syed Firdaus. "Paheli is India's Oscar entry". www.rediff.com. Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2019. Consultado o 2019-05-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]