[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Oysho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oysho

Editar o valor en Wikidata
TipoSociedade Anónima
Fundación2001
MatrizInditex
LocalizaciónEstrada de Tordera a Palafolls 0,6
08490 Tordera (provincia de Barcelona) Cataluña Cataluña
Persoas claveCarmen Sevillano (directora)
IndustriaTéxtil
ProdutosRoupa e complementos
Na rede
https://www.oysho.com/ e https://www.oysho.com/ru/
Facebook: OYSHO Twitter: Oysho Instagram: oysho Pinterest: oyshostore TikTok: oysho Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Oysho é unha marca de moda especializada en deporte e tempo libre, fundada en 2001 e pertencente ao grupo Inditex. Ten a súa sede social en Tordera (provincia de Barcelona). Ten unha rede de 457 tendas físicas en máis de 40 países.

Oysho xurdiu no ano 2001 como parte da estratexia de diversificación comercial de Inditex. Inicialmente centrada en roupa interior e de andar por casa, a marca ampliou a súa proposta ao longo dos anos ao incorporar unha colección de roupa deportiva. Actualmente, Oysho defínese como marca de deporte e tempo libre, como a súa liña principal de negocio.

Ao longo dos anos foi expandíndose en diferentes países con aperturas de diferentes tendas importantes nas principais cidades do mundo, como París, Londres, Istambul e Shanghai.

En 2011 inaugurou a súa tenda virtual, arrancando en diferentes países e ofrecendo as súas coleccións na gran maioría de mercados.

En 2022, lanzou Oysho Training, unha aplicación de balde de adestramentos de fitness, ioga, pilates e running, deseñados para todos os niveis. O seu obxectivo é proporcionar á comunidade deportiva da marca contido de calidade, realizado por adestradores internacionais.

Oysho ten 433 tendas no mundo, distribuídas en máis de 50 países, sendo España o seu principal mercado, seguido de México e Turquía.

Subministracións

[editar | editar a fonte]

A cadea de subministración da empresa é rápida e flexíbel. As coleccións teñen unha alta rotación, o que se analiza como un dos éxitos empresariais de Inditex.

Os produtos de Oysho subminístranse sobre a base das tendencias de consumo. A súa alta capacidade de resposta crea produtos para abastecer as súas tendas dúas veces por semana.

Oysho posúe a tecnoloxía de identificación por radiofrecuencia (RFID, nas súas siglas en inglés) que permite identificar individualmente as pezas desde as plataformas loxísticas ata a súa venda.

Oysho Training

[editar | editar a fonte]

Oysho lanza en setembro de 2022 Oysho Training, a súa primeira aplicación de adestramentos de fitness, ioga, pilates e running.

Con máis de 1.200 sesións de distintos niveis, tanto para debutantes como para deportistas máis avanzados, permite aos usuarios deseñar un plan de adestramento adaptado ás súas necesidades, podendo escoller os seus intereses xa desde o proceso de onboarding ou, directamente, filtralos por duración e intensidade.

A aplicación usa un motor de recomendación, que ten en consideración os adestramentos xa realizados, para ofrecer novas sesións, programas ou retos novos, acompañado de adestradoras de primeiro nivel.

Oysho Training inclúe diferentes tipos de adestramento, desde sesións de 10 a 45 minutos, a programas que inclúen rutinas organizadas por días para axudar a acadar obxectivos concretos. Ademais, a app ofrece a modalidade de «Gym Train», rutinas especialmente pensadas para adestrar no ximnasio.

Tamén, a través dos retos, se presentan diferentes desafíos para competir cun mesmo e compartir os distintos logros.

Oysho Training ofrece a posibilidade de adestrar en calquera momento e lugar, con só descargar as sesións ou programas no móbil, tableta ou smartwatch, ou incluso conectando á TV a través de AirPlay ou Chromecast.

Coa versión para smartwatch, será posíbel rexistrar a actividade física con métricas que axudan a mellorar as carreiras como ppm, kcal, ritmos ou distancia percorrida.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]