Ouzo
Aparencia
O ouzo (en grego: ούζο) é un licor de orixe grega con forte sabor doce e recendo a regalicia. Feito a base de uvas madurecidas e anís, usado comunmente en festas de vodas, reunións familiares etc co meze. A súa graduación está entre 37 º e 50 º. É transparente e incoloro.
Características
[editar | editar a fonte]Para que a bebida espirituosa anisada teña a denominación de ouzo deberá:
- ser producida exclusivamente en Grecia ou Chipre,
- obterse por mestura de alcois aromatizados por destilación ou maceración con sementes de anís e eventualmente de fiúncho, da resina procedente dun lentisco indíxena da illa de Quíos (Pistacia lentiscus Chia ou latifolia) e doutras sementes, plantas ou froitas aromáticas; o alcol aromatizado por destilación deberá representar polo menos o 20 % do grao alcohólico do ouzo.
Dito destilado deberá:
- ser obtido por destilación en alambiques tradicionais descontinuos de cobre cunha capacidade igual ou inferior a 1000 litros,
- ter un grao alcohólico que non sexa inferior a 55 % vol. nin superior a 80 % vol.
O ouzo deberá ser incoloro, cun contido en azucre igual ou inferior a 50 g por litro.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina dedicada ao ouzo (en grego e inglés)