Osram
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Osram GmbH | |
---|---|
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1909 |
Matriz | Siemens AG |
Localización | Hellabrunner Strasse 1, 81543 Múnic Alemaña |
Fundador | Wolfgang Dehen |
Persoas clave | Martin Goetzeler, Siegfried Russwurm |
Industria | Iluminación |
Produtos | Leds, fluorescentes, lámpadas incandescentes |
Beneficio | 5.400 millóns de euros (2012) |
Número de empregados | 39.000 (30 de setembro de 2012) |
Na rede | |
http://www.osram-group.de/, http://www.osram-group.com/en, https://www.osram.com e https://ams-osram.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
OSRAM é unha empresa alemá con sede en Munic filial de Siemens AG adicada ao deseño, fabricación e comercialización de sistemas de iluminación.
O nome ven das palabras osmio e volframio en alemán OS-mium e Wolf-RAM.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1906 Osram iniciou a súa produción de filamentos. A General Electric británica importou filamentos de Osram para a súa propia produción de bombillas de iluminación. O 1 de xullo de 1919, Siemens & Halske (os fundadores de Siemens AG), e Allgemeine Elektrizitäts-Gesellschaft (AEG) xuntaron as súas producións de lámpadas eléctricas coa formación da empresa Osram dende entón filial de Siemens.
Osram opera en 150 países e comercializa máis de 5.000 produtos.
Fitos
[editar | editar a fonte]- 1906 Rexistro da marca OSRAM en Berlín.
- 1914 OSRAM, S.A. constitúese en España.
- 1922 Inicio das operacións da OSRAM no Brasil.
- 1925 Lanzamento da lámpada para farol BILUX®.
- 1954 Lanzamento da XBO®, lámpada con tecnoloxia xenon de alta presión, e das primeiras lámpadas de proxección.
- 1968 Lanzamento da lámpada de alta intensidade POWERSTAR® HQI®.
- 1980 Lanzamento do reactor eletronico QUICKTRONIC®.
- 1983 OSRAM recibe, coa lámpada XBO®, un OSCAR® en Hollywood polos seus traballos ligados ao cinema. A calidade dese produto foron os principais puntos para que a empresa recibise o maior premio dentro do mercado cinematográfico mundial.
- 1985 OSRAM é pioneira na fabricación de lámpadas eletrónicas economizadoras de enerxía DULUX®.
- 1987 Por conta dos seus investimentos no desenvolvemento continuo dos seus produtos, OSRAM recibe un OSCAR® da Academia de Hollywood pola lámpada HMI®.
- 1989 A multinacional realiza unha Joint Venture con Mitsubishi, no Xapón.
- 1993 OSRAM adquire SYLVANIA, empresa norteamericana especializada en iluminación.
- 1999 OSRAM da os seus primeiros pasos no mundo dos semicondutores, OSRAM Opto Semiconductors.
- 2002 Lanzamento da liña POWERBALL® HCI®, lámpadas cerámicas de multivapores metálicos.
- 2004 Lanzamento da MINISTAR®, a menor lámpada halógena refletora do mundo. En 2005, recibe o premio New Product Showcase AWARD na feira Lightfair, en Nova York.
- 2006 A marca OSRAM acada os 100 anos de existencia.
- 2007 OSRAM recibe o Emmy® pola lámpada HMI®.