[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Os productores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os productores
Ficha técnica
Título orixinalThe Producers
DirectorMel Brooks
ProdutorSidney Glazier
GuiónMel Brooks
IntérpretesZero Mostel
Gene Wilder
Kenneth Mars
Dick Shawn
MúsicaMel Brooks
Norman Blagman
John Morris
FotografíaJoseph F. Coffey
DistribuidoraEmbassy Pictures
Metro-Goldwyn-Mayer
Estrea10 de novembro de 1968
Duración88 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia musical
Orzamento$ 941 000
Recadación$ 1 600 000
Na rede
IMDB: tt0063462 Filmaffinity: 912835 Allocine: 48142 Rottentomatoes: m/1016819-producers Mojo: producers02 Allmovie: v39399 TCM: 87256 Metacritic: movie/the-producers-re-release TV.com: movies/the-producers-1968 Editar o valor en Wikidata

Os productores (en inglés: The Producers) é un filme estadounidense dirixido por Mel Brooks que se estreou en 1968. Protagonizada por Zero Mostel e Gene Wilder, foi o filme con maior recadación de 1968 e está considerada como unha das máis grandes comedias estadounidenses de todos os tempos segundo a publicación AFI's 100 years... 100 laughs do American Film Institute.[1] Gañou o óscar ao mellor guión orixinal na 41ª edición dos Oscar. Foi estreado na Televisión de Galicia o 29 de agosto de 1992.[2]

O filme foi o primeiro dirixido por Brooks, que xa tiña un serie de televisión de éxito nese momento, Get Smart, cocreada con Buck Henry. O título previsto orixinariamente para o filme era Springtime for Hitler (Primavera para Hitler), título da obra musical que producen no filme.[3]

Argumento

[editar | editar a fonte]

O filme narra a historia dun produtor corrupto de Broadway (Mostel), que coa axuda dun contable tímido e compulsivo (Wilder)[4] planea facerse rico producindo o maior fracaso da historia de Broadway. A obra caracterízase por un humor irreverente apoiado en acentos esaxerados, estereotipos homosexuais e personaxes nazis.

  1. "America's Funniest Movies" (PDF). American Film Institute. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xuño de 2016. Consultado o 14 de xullo de 2017. 
  2. Programación TVG
  3. [Kashner, Sam. «The Making of The Producers.» Vanity Fair. Consultado o 30 de agosto de 2016 (en inglés)
  4. Friedman, Megan. «Top 10 Movie Wimps: Leo Bloom, The Producers.» Time. Consultado o 30 de agosto de 2016 (en inglés)