Oriónidas
Aparencia
As Oriónidas son unha chuvia de meteoros de actividade moderada. A súa actividade esténdese entre o 2 de outubro e o 7 de novembro. O máximo ten lugar o 21 de outubro con THZ 23.
Características
[editar | editar a fonte]Son meteoros de velocidade alta que radian da constelación de Orión. A súa declinación (+16 º) próxima ao Ecuador Celeste permite a súa observación dende todo o globo.
O corpo proxenitor das Oriónidas é o cometa 1P/Halley. Un dos cometas máis coñecidos, que pasou por última vez preto da Terra en 1986. Este cometa periódico dá lugar a outra chuvia de meteoros de actividade moderada, as Eta Acuáridas, que teñen lugar cada ano no mes de maio.