OpenSCAD
Aparencia
OpenSCAD | |
---|---|
OpenSCAD 2015.03 | |
Desenvolvedor(es) | Marius Kintel, Clifford Wolf |
Última versión | 02/03/2015 (estable) (8/02/2017 (última de desenvolvemento)) |
Repositorio | github |
Escrito en | C++ e Qt, CGAL, OpenCSG e OpenGL |
Sistema operativo | Linux/UNIX, Windows, Mac OS X, FreeBSD, NetBSD e OpenBSD |
Plataforma/s | IA-32, x64 |
Lingua/s | En 7 linguas Galego: Non |
Tipo | CAD |
Licenza | GPL v2 |
Sitio web | openscad.org |
OpenSCAD é unha aplicación multiplataforma de código aberto e libre para a creación e edición de obxectos sólidos tridimensionais, ou 3D.[1] Permite crear deseños 3D de obxectos xeométricos e texto e modificar o seu tamaño en calquera momento da edición xa que o renderizado dos obxectos se fai despois dunha compilación dos scripts.[2]
Proporciona unha técnica de modelaxe creando sólidos xeométricos CSG e outra baseada en extruír liñas 2D. Os deseños poden ser exportados en formato 2D como AutoCAD DXF. As curvas 2D poden ser extruídas dende formatos DXF. Os ficheiros DXF de OpenSCAD poden ser lidos e crear modelos 3D en formatos STL e OFF.
A aplicación pode integrarse con FreeCAD como espazo de traballo.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ openscad.org (eds.). "About OpenSCAD". Consultado o 23/01/2017.
- ↑ thingiverse.com (eds.). "Jumpstart: OpenSCAD". Arquivado dende o orixinal o 20/05/2019. Consultado o 23/01/2017.
- ↑ freecadweb.org (eds.). "OpenSCAD Module". Consultado o 23/01/2017.
- ↑ freecadweb.org (eds.). "Import OpenSCAD code". Consultado o 23/01/2017.