Okondo
Oquendo (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | País Vasco | ||||
Provincia | Áraba | ||||
Cuadrillas | Cuadrilla de Aiara | ||||
Capital | Eskauriatza (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.198 (2023) (39,93 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá (lingua predominante) lingua éuscara | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 30 km² | ||||
Altitude | 130 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Sergio Tato Eguren (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 01409 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 01042 | ||||
Okondo é un concello da provincia de Áraba, Euskadi.
Topónimo
[editar | editar a fonte]Dende a súa primeira mención escrita en 1257, este val recibiu en castelán o nome de Oquendo. Este foi o nome oficial do concello até hai pouco, xa que o castelán era a lingua da administración, aínda que a lingua falada pola xente fose o éuscaro. Segundo o INE en 1842 chamábase Uquendo e en 1857, Valle de Oquendo.
Existen menos referencias escritas sobre o seu nome en éuscaro. Estas baséanse principalmente nos escritos deixados por José Pablo de Ulibarri, que era natural da zona; en vasco, de comezos do século XIX. Ulibarri deixoi transcrito o nome en éuscaro do val baixo as formas Okondo e Ukondo. Ao longo do século XIX o éuscaro deixouse de falar en Okondo e estas formas deixaron de empregarse.Mais, en 1980, o concello decidiu recuperar a forma Okondo como nome oficial do municipio e dende que foi publicado no BOE en 1989 é o único nome do concello a tódolos efectos.
Sobre o significado etimolóxico de Okondo podería pensarse na palabra ukondo que significa cóbado en vasco, co significado de cóbado dun río, aínda que os filólogos pensan máis ben que o nome estaría derivado de oka+ondo, orixe que explicaría mellor tanto a variante castelán como unha das vascas do nome. A verba -ondo está moi estendida pola toponimia vasca e significa xunto a. Mais o significado de oka é incerto. Hai moitos lugares que teñan ese topónimo ou formen parte del. Segundo Federico Barrenengoa, especialista en toponomástica, oka significaría río. Para Alfonso Irigoyen, sería unha palabra de orixe céltica que antigamente tomou prestado o éuscaro.
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación de: Okondo desde 1991 ata 2014
| ||||
1991 | 1996 | 2001 | 2004 | 2014
|
705 | 770 | 876 | 1004 | 1158 |
Política
[editar | editar a fonte]Eleccións municipais 2011
[editar | editar a fonte]Okondoko udalbatza | ||||
Partido | Concelleiro | Votos[1] | ||
Bildu | ||||
OB | ||||
Euzko Alderdi Jeltzalea (EAJ) | ||||
Alderdi Popularra (PP) | ||||
Euskadiko Alderdi Sozialista (PSE-EE(PSOE)) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 2011ko udal hauteskundeen emaitzak euskadi.net webgunean[Ligazón morta] 2011/08/13an kontsultatua