O prestixio
O prestixio | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Prestige |
Director | Christopher Nolan |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | The Prestige de Christopher Priest |
Intérpretes | |
Música | David Julyan |
Fotografía | Wally Pfister |
Montaxe | Lee Smith |
Estudio | |
Distribuidora |
|
Estrea | El Capitan Theatre: 17 de outubro de 2006 20 de outubro de 2006 10 de novembro de 2006 31 de agosto de 2013 (TVG) |
Duración | 130 minutos |
Orixe | Reino Unido[1] Estados Unidos[1] |
Xénero | Misterio |
Orzamento | $40 000 000[2] |
Recadación | $109 700 000[2] |
Na rede | |
O prestixio (en inglés: The Prestige) é un filme británico-estadounidense dirixido por Christopher Nolan que se estreou no 2006. O guión do filme foi adaptado polo irmán de Nolan, Jonathan, a partir da novela de Christopher Priest The Prestige. Conta a historia de Robert Angier e Alfred Borden, dous magos rivais de Londres a finais do século XIX. Obsesionados con crear a mellor ilusión de maxia, compiten entre eles con tráxicos resultados. Está protagonizado por Hugh Jackman como Robert Angier, Christian Bale como Alfred Borden e David Bowie como Nikola Tesla. Tamén aparecen no filme Scarlett Johansson, Michael Caine, Piper Perabo, Andy Serkis e Rebecca Hall. O filme reuniu a Nolan con Bale e Caine dende Batman empeza, colaborando tamén co fotógrafo Wally Pfister, o deseñador de produción Nathan Crowley, o compositor David Julyan e o editor Lee Smith.
O filme foi estreado o 20 de outubro de 2006, recibindo críticas positivas e un bo resultado na recadación, e sendo nomeado ós Premios Oscar nas categorías de mellor fotografía e mellor deseño de produción. Xunto con The Illusionist e Scoop, The Prestige foi un dos tres filmes de 2006 que exploraron o mundo do ilusionismo.
Estreouse en galego na TVG o 31 de agosto de 2013.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Hugh Jackman como Robert Angier (The Great Danton)
- Christian Bale como Alfred Borden (The Professor)
- Michael Caine como John Cutter
- Piper Perabo como Julia McCullough
- Rebecca Hall como Sarah Borden
- Scarlett Johansson como Olivia Wenscombe
- David Bowie como Nikola Tesla
- Andy Serkis como Mr. Alley
- Ricky Jay como Milton the Magician
- Roger Rees como Owens
- W. Morgan Sheppard como Merrit
- Daniel Davis como xuíz
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The Prestige (2006)". British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2014. Consultado o 13 de xuño de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 "The Prestige (2006)". Box Office Mojo. Consultado o 3 de marzo de 2007.
- ↑ Crtvg Galicia (ed.). "O prestixio na TVG". Consultado o 30 de agosto de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O prestixio na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 2006
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dirixidos por Christopher Nolan
- Filmes sobre clonación
- Filmes sobre vinganza
- Filmes rodados en California
- Filmes rodados en Colorado
- Filmes rodados nos Ánxeles
- Filmes ambientados en Colorado
- Filmes de Syncopy Inc.
- Filmes de Touchstone Pictures
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes de 2006 con versión en galego