[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Nkroful

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNkroful

Localización
Mapa
 4°57′50″N 2°19′20″O / 4.9639, -2.3222
EstadoGhana
RexiónsOcidental (pt) Traducir
DistritoEllembelle District (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude71 m Editar o valor en Wikidata

Nkroful é unha localidade do distrito de Ellembelle, na Rexión Occidental de Ghana.[1] En Nkroful fálase akan (concretamente nzema) e inglés.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Nkroful atópase no interior a 5 km da estrada costeira, desde o cruzamento na cidade de Essiama.[1]

Goberno local

[editar | editar a fonte]

En 2023, o xefe de familia de Nkroful era Abusuapanyinli Senza Erzah e o xefe de Nkroful era Nana Kwasi Kutuah V.[2]

Mausoleo de Nkrumah

[editar | editar a fonte]

Nkroful é famoso por ser o lugar de nacemento do líder ghanés Kwame Nkrumah. Nkrumah naceu o 21 de setembro de 1909 e o 9 de xullo de 1972 foi soterrado en Nkroful trala súa morte. Nkroful ten o mausoleo orixinal de Nkrumah e un monumento que continúa a atraer visitantes.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Nkroful - Ghana West Coast Arquivado 18 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.. ghanawestcoast.com.
  2. "We need hospital, potable water, good roads - Nkroful residents cry to government". GhanaWeb. 27 de setembro de 2023. Consultado o 28 de setembro de 2023.