[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Nippon Professional Baseball

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaNippon Professional Baseball
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Nome oficial一般社団法人日本野球機構 Editar o valor en Wikidata
Tipoliga de béisbol Editar o valor en Wikidata
Número de participantes12 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónShiba (en) Traducir (Minato)
Uchisaiwaichō (en) Traducir (Chiyoda) Editar o valor en Wikidata
PaísXapón Editar o valor en Wikidata
Vixencia1950 –
1950 – Editar o valor en Wikidata
Outro
Cobertura dos medios de comunicaciónQ11336298 Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina web oficialnpb.jp Editar o valor en Wikidata
Facebook: npb.official Twitter: npb Youtube: UC9SoTt4kJ_qhyBF9k9OGl3g Editar o valor en Wikidata

A Nippon Professional Baseball ou NPB (do inglés: Béisbol Profesional Xaponés, en xaponés: 日本野球機構, Nippon Yakyū Kikō), é o campionato de liga de béisbol profesional do Xapón. Chamada de forma coloquial no Xapón Puro Yakyū, é a máxima categoría do béisbol nipón. Xogadores, analistas e diferentes traballadores da Major League Baseball (MLB) consideran a esta competición como "AAAA", é dicir, menos competitiva que a MLB mais por riba das máis potentes Ligas Menores "AAA" norteamericanas.[1]

Considérase que a orixe de liga está na fundación do "Club de Béisbol do Gran Xapón de Tokio" (大日本東京野球倶楽部, Dai-Nippon Tōkyō Yakyū Kurabu) en 1934 e a Liga Xaponesa de Béisbol orixinal. A actual NPB foi fundada coa reorganización desta última liga en 1950. A competición actual consta de dúas conferencias de seis equipos cada unha: a Central League e a Pacific League. Cada temporada, os equipos gañadores de cada liga compiten nas Series do Xapón, as finais polo campionato da NPB.

Fundación

[editar | editar a fonte]
Matsutarō Shōriki, considerado pai do béisbol xaponés.

Desde a súa introdución en 1872, o béisbol é un dos deportes máis practicados no Xapón. A raíz do éxito dos campionatos xuvenís e rexionais, na década de 1920 houbo unha primeira tentativa de crear unha competición profesional. Considérase que o primeiro equipo profesional do país foi o "Club de Béisbol Imperio do Xapón de Toquio" (大日本東京野球倶楽部 Dai-Nippon Tōkyō Yakyū Kurabu?), fundado en 1934 polo magnate dos medios de comunicación Matsutarō Shōriki para enfrontarse a un combinado de estrelas estadounidenses que incluía a Babe Ruth, Jimmie Foxx, Lou Gehrig e Charlie Gehringer.[2] Ao ano seguinte, o mesmo elenco de xogadores fixo unha xira polos Estados Unidos. Alí gañaron 93 de 102 xogos ante equipos semi-profesionais e da Pacific Coast League. De acordo co historiador Joseph Reaves: "Os únicos pequenos inconvenientes para a popularidade do equipo nos Estados Unidos foron os carácteres kanji e o engorroso nome xaponés. Ambos detalles foron solucionados adoptando o nome de Tokyo Kyojin (do xaponés: Xigantes de Toquio) e utilizando uniformes idénticos aos dos New York Giants...".[3]

Desde 1936 até 1950, o béisbol profesional xaponés estivo organizado baixo o nome de "Liga de Béisbol do Xapón" (JBL). O equipo que dominou a competición durante este período foron os Tokyo Kyojin, que gañaron nove campionatos, seis deles consecutivos entre 1938 e 1943. Cómpre destacar que en 1947 os Kyojin mudaron o seu nome a Yomiuri Giants, o cal aínda mantañen. Despois da temporada de 1949, os propietarios dos equipos da liga fundaron o Nippon Professional Baseball (NPB). O dono dos Daiei Stars Masaichi Nagata propuxo un sistema de competición dividido en dúas ligas, as cales se converteron na Pacific League, orixinalmente chamada Taiheiyō Yakyū Renmei (太平洋野球連盟?) co propio Nagata de presidente, e a Central League.

Catro antigos equipos da JBL formaron a base da nova Liga Central: os Chunichi Dragons, os Hanshin Tigers, os Yomiuri Giants e os Shochiku Robins, aos que se uniron os Hiroshima Carp, os Kokutetsu Swallows, os Nishinippon Pirates e os Taiyō Whales. Por outra banda, outros catro antigos equipos da JBL formaron a base da Liga do Pacífico: os Hankyu Braves, os Nankai Hawks, os Daiei Stars e os Tokyu Flyers, aos que se uniron os Kintetsu Pearls, os Mainichi Orions e os Nishitetsu Clippers. O dono dos Giants, Matsutarō Shōriki, actuou como o primeiro Comisionado (non oficial) e supervisou as primeiras Series do Xapón. Nelas enfrontáronse o campión da Liga Central, os Shochiku Robins, contra o campión da Liga do Pacífico, os Mainichi Orions, sendo estes últimos os campións tras vencer por catro xogos a dous.

Expansión e contracción

[editar | editar a fonte]

Os Nishinippon Pirates da Liga Central, que finalizaron en sexto lugar na primeira temporada, desapareceron ao final da mesma e fusionáronse cos Nishitetsu Clippers (tamén de Fukuoka) para formar os Nishitetsu Lions. Isto provocou que o número de equipos da Central descendesen a uns incómodos sete equipos. Así, en 1952, decidiuse que o equipo da Liga que acabase cunha porcentaxe de vitorias inferior ao 30% sería obrigado a disolverse ou fusionarse con outros equipos. Finalmente, serían os Shochiku Robins os que caerían nesta circunstancia, decidindo fusionarse cos Taiyō Whales para converterse nos Taiyō Shochiku Robins en xaneiro de 1953. Esta manobra permitiu á Liga Central ter de novo un número par de equipos.

Por outra banda, en 1954 uniuse un novo equipo á Liga do Pacífico, os Takahashi Unions, o que permitiu aumentar o número de equipos da mesma a oito. Aínda que o equipo estaba formado por xogadores doutros equipos da Liga do Pacífico, os Unions non foron nunca un equipo competitivo, acabando en último lugar en 1955 e 1956. Para a temporada de 1957, os Unions fusionáronse cos Daiei Stars para formar os Daiei Unions, o que levou á Liga do Pacífico a regresar a un número impar de equipos con sete. Os novos Unions tan só duraron unha temporada, na que acabaron de novo en último lugar a 43,5 vitorias de diferenza co primeiro. Para 1958 os unións volvéronse fusionar, esta vez cos Mainichi Orions para formar os Daimai Orions. Así, a Liga do Pacífico conseguía ter de novo un número par de equipos con seis, os mesmos que a Liga Central. Debido a isto, para finais da década de 1950, a NPB pasou de ter quince equipos aos actuais doce.

A NPB está composta por dúas ligas, a Liga Central e a Liga do Pacífico, con seis equipos en cada unha. Hai tamén outras dúas ligas profesionais de segundo nivel dedicadas á formación de novos xogadores, a Liga Occidental e a Liga Oriental. O campionato comeza a finais de marzo ou comezos de abril e finaliza en outubro. A maiores, en xullo, xóganse dous ou tres xogos do All-Star, os cales enfrontan aos mellores xogadores de cada liga. Antes de 2007, cada equipo das dúas ligas xogaba entre 130 e 140 xogos por temporada, sendo a única excepción das temporadas 2005 e 2006 da Liga Central con 146 encontros. Porén, desde ese ano, ambas ligas adoptaron un calendario de 146 xogos, con 73 xogados en casa e 73 como visitante. O máis habitual é que cada equipo xogue seis días á semana, descansando os luns, salvo excepcións.[4] Usualmente, cando a dous equipos lles toca xogar entre si, fano en tres días seguidos, para despois xogar outros tres encontros fronte outro rival e a continuación descansar un día.[5]

Após a finalización da temporada regular, os mellores equipos de cada liga disputan un torneo por eliminatorias para decidir cales competirán nas Series do Xapón. Estas series seguen a estela das Series Mundiais da Major League Baseball, enfrontando polo título ao campión da Liga Central contra o campión da Liga do Pacífico, do memo xeito que na MLB onde xogan os campións da Liga Americana e a Liga Nacional. Nas eliminatorias, coñecidas como Climax Series, primeiro xogan o segundo contra o terceiro clasificado de cada liga ao mellor de tres encontros. O vencedor desta eliminatoria xoga a final da liga fronte o primeiro clasificado. O vencedor deste encontro gaña entón o dereito a xogar as Series do Xapón onde se termina o campión nacional. Entre os anos 2005 e 2013 o campión xaponés disputaba as Series de Asia contra os campións de Australia, China, Corea do Sur e Taiwán (coa excepción de 2013 onde tamén participou o Fortitudo Bologna italiano). Os equipos xaponeses venceron en cinco das sete edicións.

Comparación coa MLB

[editar | editar a fonte]
As MLB Japan All-Star Series no Tokyo Dome (2014).

As regras da NPB son esencialmente as mesmas que as da Major League Baseball (MLB) norteamericana. Porén, certos elementos técnicos son lixeiramente diferentes: a liga xaponesa utiliza unha pelota, unha zona de strike e un terreo de xogo máis pequenos. Pódese dicir que o béisbol xaponés é máis compacto. Cinco equipos da liga teñen campos cuxas pequenas dimensións violarían as Regras Oficiais do Béisbol Americano. La nota que se encontra ao final da Regra 1.04 especifica que as dimensións mínimas para os estadios de béisbol estadounidenses construídos ou renovados despois de 1958 teñen que ser de 325 pés (99 m) por cada liña de foul e 400 pés (120 m) ao xardín central.

Os xogadores, técnicos e especialistas en sabermetrics (estatística avanzada) conseideran á NPB como unha liga "AAAA", é dicir, menos competitiva que a MBL mais superior ás ligas Triplo A (AAA) de desenvolvemento.[1][6] Ao igual que a MLB, a NPB está composta por dúas ligas a Central e a Pacífico. Xogar na Liga do Pacífico é parecido a facelo na Liga Americana debido ao uso da norma do bateador designado. O mesmo sucedía coa Liga Central e a Liga Nacional, até que en 2022 esta última abandonou a regra. Cando un equipo dunha liga xoga fronte a un equipo da outra, a norma que se usa é a que segue equipo local.

Outra diferenza entre os béisbol profesional xaponés e norteamericano, é que os partidos no Xapón poden acabar en empate. Se o resultado do encontro está empatado despois da disputa de nove entradas, xóganse outras tres máis adicionais. Senón hai gañador despois das doce entradas o partido é declarado empatado. Estes partidos non contan nin como vitorias nin como derrotas na clasificación. Esta regra tamén se aplica nas eliminatorias cunha única excepción: as Series do Xapón. Nesta eliminatoria final, que vence o primeiro equipo que consegue catro vitorias, no caso de haber empates pode ser preciso disputar máis de sete xogos. Se as series teñen que ser estendidas, todos os partidos despois do sétimo non teñen límite de entradas. Exclusivamente para a temporada 2011, debido ao terremoto e tsunami de Sendai e o conseguinte accidente nuclear de Fukushima, implementáronse unha serie de regras especiais para o empate:

  • Por motivos de aforro enerxético, alén do límite habitual de doce entradas, non se permitiron a disputa de entradas adicionais en liga regular se o tempo de partido superaba as tres horas e media. Este tempo incluía os atrasos debido ás condicións climatolóxicas.[7]
  • Debido ao atraso no comezo da temporada, ese ano eliminouse a extensión de máis partidos (no caso de empate na eliminatoria) nas Series do Xapón, permitindo tan só un partido extra.[8]

A última diferenza salientábel entre ambas competicións é que a maioría dos equipos xaponeses dispón dunha rotación de pitchers de seis xogadores, ao contrario que na MBL onde son catro. O elenco de xogadores dispoñíbeis no Xapón é de 28, máis hai un máximo de 25 que poden ir convocados a cada xogo. Debido a isto, os técnicos deben descartar tres xogadores por encontro, usualmente os pitchers titulares que veñen de xogar os anteriores partidos.

Equipo Cidade Estadio Capacidade Fundación Ingreso
Central League
Chunichi Dragons Nagoia, Aichi Nagoya Dome 40.500 1937 1950
Hanshin Tigers Nishinomiya, Hyōgo Estadio Hanshin Koshien 47.757 1935 1950
Hiroshima Toyo Carp Hiroshima, Hiroshima Mazda Zoom-Zoom Stadium Hiroshima 33.000 1950
Tokyo Yakult Swallows Shinjuku, Toquio Estadio Meiji Jingu 37.933 1950
Yokohama DeNA BayStars Yokohama, Kanagawa Yokohama Stadium 32.170 1950
Yomiuri Giants Bunkyō, Toquio Tokyo Dome 46.000 1934 1950
Pacific League
Chiba Lotte Marines Chiba, Chiba ZOZO Marine Stadium 30.348 1950
Fukuoka SoftBank Hawks Fukuoka, Fukuoka Fukuoka Yafuoku! Dome 40.178 1938 1950
Hokkaido Nippon-Ham Fighters Sapporo, Hokkaidō Sapporo Dome 40.476 1946 1950
Orix Buffaloes Osaka, Osaka Kyocera Dome Osaka 36.146 1936 1950
Saitama Seibu Lions Tokorozawa, Saitama MetLife Dome 33.556 1950
Tohoku Rakuten Golden Eagles Sendai, Miyagi Estadio de Miyagi 30.508 2005
Equipos desaparecidos
Equipo Cidade Estadio Fundación Desaparición Notas
Nishinippon Pirates Fukuoka, Fukuoka Estadio Heiwadai 1950 1950 Fusionados cos Nishitetsu Clippers (agora Saitama Seibu Lions)
Shochiku Robins Kyoto, Kyoto Estadio Kinugasa 1936 1952 Fusionados cos Taiyo Whales (agora Yokohama DeNA BayStars)
Takahashi Unions Kawasaki, Kanagawa Estadio Kawasaki 1954 1956 Fusionados cos Daiei Stars (máis tarde coñecidos como Daiei Unions)
Daiei Unions Bunkyō, Toquio Estadio Korakuen 1946 1957 Fusionados cos Mainichi Orions (agora Chiba Lotte Marines)
Kintetsu Buffaloes Osaka, Osaka Osaka Dome 1949 2004 Fusionados cos Orix BlueWave (agora Orix Buffaloes)

Campións

[editar | editar a fonte]

Series do Xapón

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Nippon Series.

O equipo mais dominador da historia da Liga Xaponesa de Béisbol son os Yomiuri Giants[9] da Liga Central, 22 veces campións das Series do Xapón, seguido dos Seibu Lions[10] da Liga Pacífico, 13 veces campión.

Liga Central Liga Pacífico
Tokyo Dome, fogar dos Yomiuri Giants.
Seibu Dome, fogar dos Seibu Lions.
Estadio Koshien, fogar dos Hanshin Tigers.
Sapporo Dome, fogar dos Hokkaido Nippon-Ham Fighters.
Ano Campión Finalista Serie Mellor Xogador
1950 Mainichi Orions Shochiku Robins 4-2 Kaoru Bettou
1951 Yomiuri Giants Nankai Hawks 4-2 Yukou Minamimura
1952 Yomiuri Giants Nankai Hawks 4-2 Takehiko Bessho
1953 Yomiuri Giants Nankai Hawks 4-2-1 Tetsuharu Kawakami
1954 Chunichi Dragons Nishitetsu Lions 4-3 Shigeru Sugishita
1955 Yomiuri Giants Nankai Hawks 4-3 Takehiko Bessho
1956 Nishitetsu Lions Yomiuri Giants 4-2 Yasumitsu Toyoda
1957 Nishitetsu Lions Yomiuri Giants 4-0-1 Hiroshi Oshita
1958 Nishitetsu Lions Yomiuri Giants 4-3 Kazuhisa Inao
1959 Nankai Hawks Yomiuri Giants 4-0 Tadashi Sugiura
1960 Taiyō Whales Oriones Daimai 4-0 Akihito Kondo
1961 Yomiuri Giants Nankai Hawks 4-2 Toshio Miyamoto
1962 Toei Flyers Hanshin Tigers 4-2-1 Masayuki Dobashi, Masayuki Tanemo
1963 Yomiuri Giants Nishitetsu Lions 4-3 Shigeo Nagashima
1964 Nankai Hawks Hanshin Tigers 4-3 Joe Stanka
1965 Yomiuri Giants Nankai Hawks 4-1 Shigeo Nagashima
1966 Yomiuri Giants Nankai Hawks 4-2 Isao Shibata
1967 Yomiuri Giants Hankyu Braves 4-2 Masaaki Mori
1968 Yomiuri Giants Hankyu Braves 4-2 Shigeru Takada
1969 Yomiuri Giants Hankyu Braves 4-2 Shigeo Nagashima
1970 Yomiuri Giants Lotte Orions 4-1 Shigeo Nagashima
1971 Yomiuri Giants Hankyu Braves 4-1 Toshimitsu Suetsugu
1972 Yomiuri Giants Hankyu Braves 4-1 Tsuneo Horiuchi
1973 Yomiuri Giants Nankai Hawks 4-1 Tsuneo Horiuchi
1974 Lotte Orions Chunichi Dragons 4-2 Sumio Hirota
1975 Hankyu Braves Hiroshima Toyo Carp 4-0-1 Takashi Yamaguchi
1976 Hankyu Braves Yomiuri Giants 4-3 Yutaka Fukumoto
1977 Hankyu Braves Yomiuri Giants 4-1 Hisashi Yamada
1978 Tokyo Yakult Swallows Hankyu Braves 4-3 Katsuo Osugi
1979 Hiroshima Toyo Carp Kintetsu Buffaloes 4-3 Yoshihiko Takahashi
1980 Hiroshima Toyo Carp Kintetsu Buffaloes 4-3 Jim Lyttle
1981 Yomiuri Giants Hokkaidō Nippon-Ham Fighters 4-2 Takashi Nishimoto
1982 Seibu Lions Chunichi Dragons 4-3 Osamu Higashio
1983 Seibu Lions Yomiuri Giants 4-3 Takuji Ota
1984 Hiroshima Toyo Carp Hankyu Braves 4-3 Kiyoyuki Nagashima
1985 Hanshin Tigers Seibu Lions 4-2 Randy Bass
1986 Seibu Lions Hiroshima Carp 4-3-1 Kimiyasu Kudo
1987 Seibu Lions Yomiuri Giants 4-2 Kimiyasu Kudo
1988 Seibu Lions Chunichi Dragons 4-1 Hiromichi Ishige
1989 Yomiuri Giants Kintetsu Buffaloes 4-3 Norihiro Komada
1990 Seibu Lions Yomiuri Giants 4-0 Orestes Destrade
1991 Seibu Lions Hiroshima Toyo Carp 4-3 Kouji Akiyama
1992 Seibu Lions Yakult Swallows 4-3 Takehiro Ishii
1993 Yakult Swallows Seibu Lions 4-3 Kenjiro Kawasaki
1994 Yomiuri Giants Seibu Lions 4-1 Hiromi Makihara
1995 Tokyo Yakult Swallows Orix BlueWave 4-1 Thomas O'Malley
1996 Orix BlueWave Yomiuri Giants 4-1 Troy Neel
1997 Tokyo Yakult Swallows Seibu Lions 4-1 Atsuya Furuta
1998 Yokohama BayStars Seibu Lions 4-2 Takanori Suzuki
1999 Fukuoka Daiei Hawks Chunichi Dragons 4-1 Kouji Akiyama
2000 Yomiuri Giants Fukuoka Daiei Hawks 4-2 Hideki Matsui
2001 Tokyo Yakult Swallows Osaka Kintetsu Buffaloes 4-1 Atsuya Furuta
2002 Yomiuri Giants Seibu Lions 4-0 Tomohiro Nioka
2003 Fukuoka Daiei Hawks Hanshin Tigers 4-3 Toshiya Sugiuchi
2004 Seibu Lions Chunichi Dragons 4-3 Takashi Ishii
2005 Chiba Lotte Marines Hanshin Tigers 4-0 Toshiaki Imae
2006 Hokkaido Nippon-Ham Fighters Chunichi Dragons 4-1 Atsunori Inaba
2007 Chunichi Dragons Hokkaido Nippon-Ham Fighters 4-1 Norihiro Nakamura
2008 Saitama Seibu Lions Yomiuri Giants 4-3 Takayuki Kishi
2009 Yomiuri Giants Hokkaido Nippon-Ham Fighters 4-2 Shinnosuke Abe
2010 Chiba Lotte Marines Chunichi Dragons 4-2-1 Toshiaki Imae
2011 Fukuoka SoftBank Hawks Chunichi Dragons 4-3 Hiroki Kokubo
2012 Yomiuri Giants Hokkaido Nippon-Ham Fighters 4-2 Tetsuya Utsumi
2013 Tohoku Rakuten Golden Eagles Yomiuri Giants 4-3 Manabu Mima
2014 Fukuoka SoftBank Hawks Hanshin Tigers 4-1 Seiichi Uchikawa
2015 Fukuoka SoftBank Hawks Tokyo Yakult Swallows 4-1 Lee Dae-ho
2016 Hokkaido Nippon-Ham Fighters Hiroshima Toyo Carp 4-2 Brandon Laird
2017 Fukuoka SoftBank Hawks Yokohama DeNA BayStars 4-2 Dennis Sarfate
2018 Fukuoka SoftBank Hawks Hiroshima Toyo Carp 4-1-1 Takuya Kai
2019 Fukuoka SoftBank Hawks Yomiuri Giants 4-0 Yurisbel Gracial
2020 Fukuoka SoftBank Hawks Yomiuri Giants 4-0 Ryoya Kurihara
2021 Tokyo Yakult Swallows Orix Buffaloes 4-2 Yuhei Nakamura
2022 Orix Buffaloes Tokyo Yakult Swallows 4-2-1 Yutaro Sugimoto

Títulos por equipo

[editar | editar a fonte]
Equipo Campión Subcampión
Yomiuri Giants
22
14
Saitama Seibu Lions
13
8
Fukuoka SoftBank Hawks
11
9
Tokyo Yakult Swallows
6
2
Orix Buffaloes
5
8
Chiba Lotte Marines
4
2
Hiroshima Toyo Carp
3
4
Hokkaido Nippon-Ham Fighters
3
4
Chunichi Dragons
2
8
Yokohama BayStars
2
1
Hanshin Tigers
1
5
Tohoku Rakuten Golden Eagles
1
0
Osaka Kintetsu Buffaloes
0
4
Shochiku Robins
0
1
  1. 1,0 1,1 "For Players and Agents RE: Playing Baseball in Japan" (en inglés). japanball.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2012. Consultado o 22 de marzo de 2017. 
  2. "A History of Japanese Baseball". Tofugu. 
  3. Reaves, Joseph A. Taking in a Game: A History of Baseball in Asia (U. of Nebraska Press, 2002), p. 77.
  4. Waldstein, David (21 de xullo 2014). "Ace Favors Fewer Starts to Protect Pitchers' Arms: Rangers' Yu Darvish Pushes for a Six-Man Pitching Rotation". The New York Times. 
  5. "Calendario da NPB 2011". NPB (en inglés). 
  6. Clemmons, Anna Katherine (2011). "Matt Murton thrives in Japanese setting". ESPN. Consultado o 28 de maio de 2019. 
  7. "2011年度レギュラー・シーズンのイニング制限、時間制限に関する特例措置" [Temporada regular 2011: medidas especiais sobre o límite de entradas, límite de tempo] (Nota de prensa). Nippon Professional Baseball. 2011. Consultado o 28 de maio de 2019. 
  8. "コナミ日本シリーズ2011 : 第8戦 開催要項" [Konami Nippon Series 2011: Información sobre o 8º xogo] (Nota de prensa) (en Japanese). Nippon Professional Baseball. 2011. Consultado o 28 de maio de 2019. 
  9. Yomiuri Giants na web da NPB (en inglés)
  10. Saitama Seibu Lions na web da NPB (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]