Nino Lema
Nome orixinal | Benigno Lema Mejuto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 12 de setembro de 1964 Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Galiza | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1998 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Benigno Lema Mejuto, nado en Vigo o 12 de setembro de 1964, é un exfutbolista e adestrador galego que xogaba na demarcación de defensa, máis coñecido como Nino Lema.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolísta
[editar | editar a fonte]Formouse nas categorías inferiores do Celta de Vigo, tras dúas cesións a Arosa SC e CD Alcoyano debutou co primeiro equipo o 31 de agosto de 1985 ante a Real Sociedad. Esa primeira tempada disputa 27 encontros, anotando un gol, o equipo rematou descendendo a Segunda División.
A tempada seguinte colabora ao ascenso disputando 37 encontros. Esta sería a súa última tempada en Vigo xa que na 1987/88 ficha polo RCD Mallorca. Porén non tería demasiada continuidade polo que ficha polo CD Tenerife, RCD Espanyol e Rayo Vallecano en anos sucesivos. Finalmente asentase no equipo madrileño, onde militou seis tempadas, alternando Primeira e Segunda División.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Como técnico comezou adestrando o Club Deportivo Ciempozuelos, o Torrellano CF, Santa Pola CF, Pego CF e FC Jove Español, todos eles en Terceira División. Entre os anos 2007 e 2011 dirixiu o CD Denia, en Segunda División B, salvo unha breve aventura no Alicante CF na tempada 2008/09 na que foi destituído o 7 de decembro.
Na actualidade[cando?] é mestre dos aspirantes a adestrador de fútbol da Federación de Fútbol da Comunidade Valenciana na súa delegación de Alacant.
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do CD Tenerife
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Futbolistas de Vigo
- Defensas de fútbol
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Nados en Vigo
- Nados en 1964
- Xogadores do Arosa SC
- Xogadores do CD Alcoyano
- Adestradores do Orihuela CF
- Adestradores do Alicante CF
- Adestradores do Ontinyent CF