Nervio musculocutáneo
Nervio musculocutáneo | |
---|---|
Nervios do membro superior esquerdo (o nervio musculocutáneo no canto superior dereito). | |
Latín | nervus musculocutaneus |
Gray: | subject #210 935 |
Innervación | Compartimento anterior do brazo |
Proveniente de: | Fascículo lateral |
Ramas | Nervio cutáneo lateral do antebrazo |
O nervio musculocutáneo é un nervio do membro superior orixinado polo tronco secundario anteroexterno ou superior. Toma as raíces raquídeas C5, C6, C7 e algunhas veces, tamén C4. Coma nervio, atópase na parte externa da axila e vai cara a parte interna do brazo, fura un músculo e pasa á superficie anterior do brazo, situándose entre o plano muscular superficial e o fondo. Segue descendendo e achégase á parte externa. No cóbado faise superficial e pasa pola canle bicipital. A este nivel dá dúas ramas terminais sensitivas puras, unha anterior e outra posterior.
Relacións
[editar | editar a fonte]Na axila é a rama máis externa do plexo braquial. Na orixe aparece preto do nervio radial e xa no brazo pasa preto da arteria umeral. Na parte anterior fura o músculo coracobraquial e sitúase entre o bíceps braquial e o braquial anterior.
Ramas colaterais
[editar | editar a fonte]Ao longo do seu traxecto dá as seguintes ramas colaterais sensitivas:
- Anastomose para o nervio mediano.
- Rama sensitiva para o cóbado.
- Rama para o músculo coracobraquial.
- Rama para o músculo braquial anterior.
- Dúas ramas para o bíceps braquial.
Tamén dá tres ramas motoras que constitúen o eixo neuromuscular do musculocutáneo, innervando aos seguintes músculos:
- Coracobraquial.
- Braquial anterior.
- Bíceps braquial.