Nerea Barros
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1981 (43 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | actriz, directora de cinema |
|
Nerea Barros Noya, nada en Santiago de Compostela o 12 de maio de 1981, é unha actriz galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi enfermeira de pediatría no CHUS, traballo que compaxinaba con pequenos papeis como actriz de cine e teatro.[2][3] Debutou no cine en 1997, no filme Nena, de Xavier Bermúdez, co que volveu traballar en 2008 no filme Rafael, nun papel polo que foi nomeada como mellor actriz na 8ª edición dos Premios Mestre Mateo. No ano 2009 obtivo o seu primeiro papel relevante na pequena pantalla, interpretando a Sandra na serie de éxito da TVG Matalobos. En 2013 interpretou xunto a Ernesto Chao o filme O ouro do tempo e deuse a coñecer fóra de Galicia ao aparecer en dúas series de Antena 3: El secreto de Puente Viejo e El tiempo entre costuras.
En 2014 interpretou a Rocío no filme La isla mínima, papel que lle valeu o Premio Goya á mellor actriz revelación.[4] A continuación participou nas series El Príncipe, Hospital Real e Apaches, así como no filme A estación violenta, de Anxos Fazáns, papel polo que recibiu o seu terceiro nomeamento aos Premios Mestre Mateo. En 2018 interpretou a Pamela na primeira tempada da serie O sabor das margaridas.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]- MIR (2007) en Telecinco, como Nerea.
- O Nordés (2009) na Televisión de Galicia.
- Matalobos (2009-2010) na Televisión de Galicia, como Sandra.
- Padre Casares (2012) na Televisión de Galicia.
- El secreto de Puente Viejo (2013) en Antena 3.
- El tiempo entre costuras (2013) en Antena 3, como Beatriz Oliveira.
- El Príncipe (2015) en Telecinco.
- Hospital Real (2015).
- Apaches (2018) en Antena 3, como Silvia.
- Ultimo - Caccia ai Narcos (2018) en Canale 5, como Laura Aguilar.
- O sabor das margaridas (2018) na Televisión de Galicia, como Pamela.
- Días de Navidad (2019) en Netflix, como Valentina.
Cine
[editar | editar a fonte]- Nena (1997) como Eli.
- Bellas durmientes (2001) como Jane.
- León e Olvido (2004) como dependenta.
- Rafael (2008) como Aurora.
- Volver a casa (2010).
- O ouro do tempo (2013).
- La isla mínima (2014) como Rocío.
- Os fenómenos (2014).
- Sol y Luna (2016) como Sol.
- A estación violenta (2017) como Claudia.
- A illa das mentiras (2020) como María.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2014 | Mellor actriz revelación | La isla mínima | Gañadora |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor actriz | Rafael | Nomeada |
2014 | Mellor actriz | O ouro do tempo | Nomeada |
2017 | Mellor actriz | A estación violenta | Nomeada |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nerea Barros". aaag.gal. Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2019. Consultado o 2020-04-06.
- ↑ "Nerea Barros, una madrina de cine para los niños del Clínico". El Correo Gallego (en castelán). 24 de xullo de 2019. Consultado o 23 de abril de 2020.
- ↑ "Nerea Barros, Goya a la mejor actriz revelación: «la Enfermería me enseñó sobre la vida y el entendimiento del ser humano»" (en castelán). 7 de agosto de 2015. Consultado o 23 de abril de 2020.
- ↑ "Os galegos Nerea Barros e Javier Gutiérrez triunfan nos Goya". 8 de febreiro de 2015. Consultado o 23 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Barros Noya, Nerea". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 60. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nerea Barros na IMDb (en inglés).
- Nerea Barros en AVG