Neil Simon
Marvin Neil Simon, nado en Nova York o 4 de xullo de 1927 e finado na mesma cidade o 26 de agosto de 2018,[1] foi un escritor, produtor e guionista estadounidense. Foi un dos máis rendíbeis creadores de éxitos na historia de Broadway, así como un dos dramaturgos máis interpretados do mundo. Foi o único escritor que tivo catro producións ao mesmo tempo en Broadway e as súas obras foron traducidas a ducias de linguas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Simon foi o segundo fillo de Irving e Mamie Simon, de orixe xudía.[2] A Gran Depresión provocou tempos difíciles para a súa familia.[3] O seu pai, vendedor de prendas de vestir, ausentábase periodicamente e deixaba a súa nai para apoiar os seus dous fillos traballando na tenda departamental de Gimbel e confiando na familia e nos amigos. Despois de que os pais se divorciasen, Simon viviu con parentes en Forest Hills, no barrio de Queens en Nova York. El e mais o seu irmán máis vello, Danny Simon, desenvolveron unha relación moi achegada e durante a súa adolescencia escribiu e vendeu a comediantes e programas de radio.
Simon asistiu brevemente á Universidade de Nova York (1944-1945) e á Universidade de Denver (1945-1946),[4] antes de unirse ao exército, onde traballou no xornal da base. Foi o seu irmán quen o motivou a continuar a escribir mentres permanecía no programa de reservas da forza aérea dos Estados Unidos. Despois de ser dado de baixa do exército, Simon obtivo un traballo como dependente de correos nas oficinas da Warner Bros. en Manhattan, grazas a que o seu irmán traballaba no departamento de publicidade. Ambos comezaron a colaborar outra vez, e de 1947 a 1956 traballaron como equipo escribindo comedia para éxitos de televisión. As súas revistas para Camp Tamiment en Pensilvania a principios da década de 1950 chamaron a atención de Sid Caesar, quen contratou os irmáns para a súa popular serie de comedia Your Show of Shows (Simon despois incorporou as súas experiencias na súa obra Laughter on the 23th Floor). O seu traballo fíxolle recibir dúas candidaturas aos premios Emmy[5] e o aprecio de Phil Silvers, quen o contratou para escribir na súa sitcom epónima en 1959.
En 1961, a primeira obra de Broadway de Simon, Come Blow Your Horn, estreouse no teatro Brooks Atkinson, onde tivo 678 representacións. Seis semanas antes da súa clausura, a súa segunda produción, o musical Little Me, atraeu críticas diversas. Aínda que non puido atraer moito público, Simon conseguiu a primeira das súas dezasete candidaturas aos premios Tony.
A súa prolífica produción inclúe comedias lixeiras, escuras, traballos autobiográficos e libretos para comedias musicais. Simon tamén escribiu guións para máis de vinte filmes, incluíndo adaptacións das súas propias obras, así como traballo orixinal, incluíndo The Out-of-Towners, Murder by Death e The Goodbye Girl. Recibiu catro candidaturas aos premios Óscar ao mellor guión.
Obras
[editar | editar a fonte]- Come Blow Your Horn (1961)
- Little Me (1962)
- Barefoot in the Park (1963)
- The Odd Couple (1965)
- Sweet Charity (1966)
- The Star-Spangled Girl (1966)
- Plaza Suite (1968)
- Promises, Promises (1968)
- The Last of the Red Hot Lovers (1969)
- The Gingerbread Lady (1970)
- The Prisoner of Second Avenue (1971)
- The Sunshine Boys (1972)
- The Good Doctor (1973)
- God's Favorite (1974)
- California Suite (1976)
- Chapter Two (1977)
- They're Playing Our Song (1979)
- I Ought to Be in Pictures (1980)
- Fools (1981)
- Brighton Beach Memoirs (1982)
- Biloxi Blues (1984)
- The Female Odd Couple (1985)
- Broadway Bound (1986)
- Rumors (1988)
- Lost in Yonkers (1991)
- Jake's Women (1992)
- The Goodbye Girl (1993)
- Laughter on the 23rd Floor (1993)
- London Suite (1995)
- Proposals (1997)
- The Dinner Party (2000)
- 45 Seconds from Broadway (2001)
Premios
[editar | editar a fonte]Simon recibiu tres graos honoríficos: doutoramento en letras humanas pola Universidade Hofstra, doutoramento en letras pola Universidade Marquette e doutoramento en leis polo Williams College.[6] En 1983 converteuse no primeiro dramaturgo vivo en ter un teatro co seu nome en Nova York.[7]
En 1965, gañou o Tony ao mellor libreto (The Odd Couple), e en 1975, recibiu un Tony especial pola súa contribución ao teatro estadounidense.[8] Simon gañou o Globo de Ouro ao mellor guión por The Goodbye Girl.[9] Por Brighton Beach Memoirs (1983), recibiu o premio New York Drama Critics' Circle,[10] seguido por outro Tony á mellor obra en 1985, Biloxi Blues.[8] En 1991, gañou o premio Pulitzer[11] xunto co Tony por Lost in Yonkers (1991).[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Muere Neil Simon, célebre dramaturgo autor de ‘La Extraña Pareja’ o “Descalzos por el parque”". El País (en castelán). 26 de agosto de 2018. ISSN 1134-6582. Consultado o 26 de agosto de 2018.
- ↑ "Neil Simon Unbound". Tablet. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2018. Consultado o 15 de maio de 2017.
- ↑ Koprince, Susan (2002). Understanding Neil Simon. Columbia, SC: University of South Carolina Press. ISBN 1-57003-426-5.
- ↑ Weltzmann, Deborah (4 de xullo de 2011). "On this day: Neil Simon is born". The Jewish Chronicle. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 29 de agosto de 2018.
- ↑ "Your Show of Shows". Television Academy. Consultado o 2019-12-31.
- ↑ "Neil Simon Takes His Honorary LL.D with a Grain of Salt". The New York Times. Associated Press. 4 de xuño de 1984. Consultado o 14 de xuño de 2008.
- ↑ Simon, Neil (2003). Kennedy, Dennis, ed. The Oxford Companion to Theatre and Performance. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0198601746.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Guernsey, Otis L.; Sweet, Jeffrey (1992). The Applause-Best Plays Theater Yearbook, 1990–1991: The Complete Broadway and Off-Broadway Sourcebook. Milwaukee, WI: Applause Books. pp. 183–185. ISBN 978-1557831071.
- ↑ Gardner, Elysa (26 de agosto de 2018). "America's playwright Neil Simon, who wrote 'The Odd Couple' and 'Sweet Charity,' has died". USA Today. Consultado o 27 de agosto de 2018.
- ↑ Konas, Gary (1997). Neil Simon: A Casebook. Taylor & Francis. pp. 1–14. ISBN 9780815321323.
Azenberg... has produced every one of Neil Simon's 17 plays since 1973's The Sunshine Boys, with number 18 in the works.
- ↑ Brennan, Elizabeth A.; Clarage, Elizabeth C. (1999). Who's who of Pulitzer Prize Winners. Greenwood Publishing Group. pp. 131–32. ISBN 9781573561112.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Neil Simon |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Neil Simon's Broadway" no YouTube, vídeo de 6 minutos
- The Neil Simon Festival
- PBS article, American Masters
- James Lipton (Winter 1992). "Neil Simon, The Art of Theater No. 10". The Paris Review. Winter 1992 (125).