Navalmoral de la Mata
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Estremadura | |||
Provincia | Provincia de Cáceres | |||
Capital | Navalmoral de la Mata | |||
Poboación | ||||
Poboación | 16.895 (2023) (108,33 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 155,96 km² | |||
Altitude | 291 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Santo padrón | Virxe das Dores | |||
Organización política | ||||
• Alcaldesa | Raquel Medina (2015–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 10300 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 10131 | |||
Páxina web | aytonavalmoral.es |
Navalmoral de la Mata é unha localidade estremeña, pertencente á provincia de Cáceres. Segundo o INE, en 2007 tiña 16.931 habitantes.
Situación
[editar | editar a fonte]Atópase ao nordés da provincia, a 120 km da cidade de Cáceres e a tan só 180 km ao oeste da capital de España, Madrid. É a cabeceira de comarca do Campo Arañuelo.
Demografía
[editar | editar a fonte]Ao longo do século XX o número de habitantes foi aumentando, fóra dos anos 20. Neste táboa recóllese a evolución demográfica do século XX tomando como referencia os datos que aparecen na páxina web de Navalmoral de la Mata.[1]
Evolución demográfica de Navalmoral de la Mata no século XX | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | ||||||||||
4.504 | 5.414 | 4.811 | 5.550 | 6.831 | 7.273 | 9.073 | 9.706 | 12.922 | 15.211 |
Na última década, a poboación sufriu lixeiras diminucións entre 1998 e 2001 das que se recuperou posteriormente, tal e como nos mostran os datos do Instituto Nacional de Estadística.
Evolución demográfica de Navalmoral de la Mata entre 1996 e 2006 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1996 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | ||||||||||
15.819 | 14.874 | 14.934 | 14.838 | 14.993 | 15.233 | 16.382 | 16.856 | 17.145 | 17.099 |
Respecto da poboación estranxeira, esta representa un 6% do total de habitantes que residen na localidade. Dos 875 estranxeiros, máis da metade proceden de Marrocos(73%), seguidos de colombianos, portugueses, arxentinos, dominicanos e así ata un total de 25 nacionalidades distintas conviven xunto coa poboación española. A continuación, preséntanse os países de procedencia dos inmigrantes que viven en Navamoral de Mátaa, así como o número de persoas pertencentes a cada país.
País | Nº persoas |
---|---|
Marrocos | 645 |
Colombia | 49 |
Portugal | 31 |
Arxentina | 28 |
República Dominicana | 19 |
Francia | 14 |
Senegal | 14 |
Estados Unidos | 13 |
China | 40 |
Ecuador | 9 |
Brasil | 7 |
Alxeria | 6 |
Chile | 5 |
Suíza | 5 |
Italia | 4 |
Venezuela | 3 |
Alemaña | 2 |
Cuba | 2 |
Ucraína | 2 |
Andorra | 1 |
Bahrain | 1 |
Corea do Norte | 1 |
Filipinas | 1 |
Países Baixos | 1 |
Polonia | 1 |
Total | 904 |