Narnia
Narnia é un mundo fantástico creado polo autor norteirlandés C.S. Lewis como lugar para a acción de The Chronicles of Narnia, unha serie de sete libros infantís.
Narnia
[editar | editar a fonte]Narnia é o reino fantástico no que ocorren as aventuras de The Chronicles of Narnia. É un nome utilizado non só para se referir ao mundo máxico, paralelo ao noso, mais tamén para se referir a un país específico dese mundo, como describe o fauno Sr. Tumnus en The Lion, the Witch and the Wardrobe: Narnia son as terras entre o poste de luz (o Ermo do Farol) e o castelo de Cair Paravel.
Ao sur do país de Narnia, separados por un deserto, está a Calormania, que ten capital en Tashbaan. Narnia tamén ten fronteira ao sur coa Arquelandia (que ten capital en Anvar) e ao norte con Ettin, a terra dos xigantes. Ao leste está o grande océano oriental. Nel están as Illas Solitarias, que tamén forman parte das terras de Narnia.
Habitantes
[editar | editar a fonte]Hai diversas razas habitando o mundo de Narnia. Alén dos humanos hai tamén ananos, xigantes e diversas criaturas mitolóxicas.
Ananos
[editar | editar a fonte]A pesar dos libros só relataren a presenza de ananos, tamén hai ananos renegados que son mestizos con humanos. Iso lévanos a crer que tamén existen ananas. Exemplos de ananos citados son Nikabrik, un anano negro e Trumpkin, un anano vermello. Ambos aparecen en Prince Caspian: The Return to Narnia.
Animais Falantes
[editar | editar a fonte]Hai diversas especies de animais falantes, desde roedores até lobos e cabalos. A pesar destes animais se pareceren cos que encontramos no noso mundo, posúen algunhas diferenzas alén da habilidade de falar. Por exemplo o tamaño diferente dos animais que non saben falar e a habilidade de pensar. Os animais que falan economizan os servizos con respecto ao intelecto atribuído a eles no momento da creación de Narnia.
Exemplos de animais falantes citados nos libros son Maugrín -o lobo xefe da policia en The Lion, the Witch and the Wardrobe-, Caza-trufas -un teixugo- e Ripchip -un rato-, e todos eles aparecen en Prince Caspian: The Return to Narnia.
Criaturas Mitolóxicas
[editar | editar a fonte]Innúmeras criaturas mitolóxicas tamén habitan o mundo de Narnia, gran parte vida da mitoloxía grega. Hai tamén criaturas que son creación do propio C.S. Lewis. Por exemplo, Sr. Tumnus que aparece en The Lion, the Witch and the Wardrobe é un fauno.
Hai tamén outros personaxes importantes que frecuentan Narnia como Papá Noel, Baco e Tash.
Exemplos de criaturas mitolóxicas que viven en Narnia son faunos, centauros, dríades, náiades, minotauros, ogros, dragóns, unicornios e sátiros.
Feiticeiras
[editar | editar a fonte]Aparecen dúas feiticeiras en Narnia en dúas épocas distintas:
-A primeira é a Feiticeira Branca, tamén coñecida como Xadis, emperatriz de Charn. Esta feiticeira estivo presente en Narnia desde a súa creación, conforme se narra en The Magician's Nephew, sendo raíña até que Aslan a venceu en The Lion, the Witch and the Wardrobe.
-A segunda é a Feiticeira Verde, que aparece en The Silver Chair, que posuía planos para conquistar Narnia.
Outras criaturas
[editar | editar a fonte]Outras tres criaturas son os paulamas, como o pesimista Brexeiro, personaxe de The Silver Chair, os terrícolas habitantes do mundo inferior que tamén aparecen en The Silver Chair e os tontópodes encontrados nunha illa en The Voyage of the Dawn Treader.
Aslan
[editar | editar a fonte]Aslan é o León redentor de Narnia, responsábel da súa creación e por decretar o seu fin. Creou Narnia a través do seu canto, relatado en The Magician's Nephew. É referenciado como fillo do Emperador de Alén Mar e aparece en Narnia cando o país precisa de axuda.
En The Lion, the Witch and the Wardrobe Aslan sacrifícase no lugar de Edmund, pois a este último a Feiticeira Branca desexaba sacrificalo como traidor. Porén, como profundo coñecedor das maxia profunda que rexe en Narnia desde a creación, el resucita despois de ser morto.
Tempo
[editar | editar a fonte]O tempo en Narnia non pasa da mesma forma que no noso mundo. En xeral pasa moito máis rápido en Narnia, como pode observarse en The Lion, the Witch and the Wardrobe, cando os nenos crecen en Narnia, mais ao retornaren ao noso mundo practicamente non pasara o tempo.
A idea de que o tempo pasa de maneira diferente en Narnia e no noso mundo é de certa forma baseada na Teoría da Relatividade de Einstein.
A través dos eventos nos libros pdese deducir unha cronoloxía aproximada en anos narnianos:
- The Magician's Nephew: Ano 1
- Chegada dos telmarinos a Telmar: Ano 460
- The Lion, the Witch and the Wardrobe: Ano 1000
- The Horse and His Boy: Ano 1014
- Fin da época de ouro: Ano 1015
- Prince Caspian: The Return to Narnia: Ano 2303
- The Voyage of the Dawn Treader: Ano 2306
- The Silver Chair: Ano 2376
- The Last Battle: Ano 2575
Xeografía
[editar | editar a fonte]Narnia é un mundo plano e non esférico como o noso, conforme narrado n´A Viaxe do Peregrino da Alborada. No limiar do mundo de Narnia o ceo e o mar encóntranse, e alén de alí está a terra de Aslan. O solo é unha capa morta como a pel que recobre o noso corpo, pero máis no interior da terra as rochas tamén son criaturas vivas.
Reis e raíñas
[editar | editar a fonte]Os seguintes reis e raíñas cítanse ao longo da serie:
- Rei Franco e Raíña Helena (coroados por Aslan como primeiros reis de Narnia)
- Raíña Xadis, A Feiticeira Branca (que non era unha raíña lexítima)
- Rei Pedro, Raíña Susana, Rei Edmundo e Raíña Lucía (reinando xuntos na Época de Ouro)
- Rei Caspian IX
- Rei Miraz e Raíña Prunaprismía
- Rei Caspian X
- Rei Rilian
- Rei Erlian (pai de Tirian)
- Rei Tirian (o último rei de Narnia)
Esta lista non contén todos os reis e raíñas, pois dise que houbo innúmeros reis e raíñas ao longo da historia de Narnia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- The Chronicles of Narnia: The Lion, the Witch and the Wardrobe (adaptación cinematográfica de 2005)
- The Chronicles of Narnia: Prince Caspian (adaptación cinematográfica de 2008)
- The Chronicles of Narnia: The Voyage of the Dawn Treader (adaptación cinematográfica de 2010)