[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Nappa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nappa (ナッパ?) é un personaxe de ficción no manga e anime Dragon Ball. O seu nome provén dunha deformación do xaponés 菜っ葉 (Nappa Col chinesa?).

Características

[editar | editar a fonte]

É un guerreiro do espazo moi alto e musculoso duns 2.15 metros e 135 quilogramos, e a diferenza da maioría da súa raza é calvo. Aínda que os seus xenes lle dan o aspecto de alguén de 30 anos, en realidade Nappa ten 50, e é visto por primeira vez co príncipe Vexeta despois de oír falar da morte de Raditz a mans de Piccoro e Son Goku (aínda que tamén aparece no especial de TV sobre a destrución do "Planeta Vexeta" xunto a Vexeta neno, durante o seu adestramento). Viaxa á Terra con Vexeta para atopar as Bólas do Dragón e así poder desexar a vida eterna. É un guerreiro do exército de Freezer. Nappa naceu no ano 712 da Cronoloxía de Dragon Ball e morre o 3 de novembro do ano 762 á idade de 50 anos. Tiña unhas 4.000 unidades de enerxía.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Despois de chegar á Terra, Nappa e Vexeta buscan as bólas do Dragón, mais primeiro enfróntanse cos guerreiros Z. Ás ordes de Vexeta, Nappa crea seis Saibaiman. Nappa ataca primeiro a Ten Shin Han, logrando amputarlle un dos seus brazos cun potente golpe cargado de ki. Nappa axiña é interrompido por un ataque suicida de Chaoz, quen chimpa ata a parte posterior do xigante e faise estoupar. Porén, o ataque non lle fai dano algún e Nappa prosegue o seu ataque contra Ten Shin Han; pero como este está próximo a morrer, é detido por Piccoro e Krilín. Os seus ataques erran debido a que Son Gohanda, fillo de Son Goku, non atacou a Nappa cando llo dixeron. Ten Shin Han intenta vingar a Chaoz e mátase coa Ki Koo Joo, unha potente e perigosa técnica que tan só dana a armadura de Nappa.

Nappa entón comeza a pelexar contra Piccoro e Krilín, pero é detido por Vexeta, que decidiu agardar a Goku para demostrar a súa forza. Nappa rexeita a idea nun principio, pero sométese unha vez que Vexeta amosa unha certa perda de calma. Logo Vexeta detecta co seu radar un poder de 5.000 unidades de ki.

Despois de tres horas, Nappa é atacado por Krilín e Piccoro, que collen a súa cola, o punto feble dos Saiyajin. O plan non da resultado, pois Nappa adestrou o seu rabo para eliminar esa debilidade.

Nappa mata en última instancia a Piccoro cando o Namekiano utiliza o seu corpo para protexer a Gohan dun ataque mortal. Gohan, anoxado por isto, utiliza toda a súa enerxía nunha onda; mais sen derrotalo, e no intre en que ía matar a Gohan, Goku chega.

Nappa non pode vencer a Goku, nin sequera golpealo. Nappa, ó ver que é un duro opoñente, pídelle a Vexeta que rastrexe o seu poder, e ó facelo Vexeta abráiase ó ler máis de 8.000 unidades de ki (na versión orixinal xaponesa e norteamericana o rastrexador rexistra máis de 9.000 unidades de ki). Nappa decide loitar con Goku crendo que era errónea a lectura pero é derrotado doadamente.

Nappa, demasiado débil para terse en pé, é lanzado ós pés de Vexeta por Goku. Como castigo pola súa falta, Nappa é asasinado polo seu compañeiro.

Despois de morrer, Raditz e Nappa son enviados ó inferno por Emma Daiō.

Volve a aparecer nos episodios de flashback xunto a Raditz e Vexeta.

En Dragon Ball GT

[editar | editar a fonte]

Cando o Doutor Guero e o Doutor Myu abren un portal dende o inferno, Nappa foxe del e comeza a destruír unha cidade como o resto dos malvados derrotados. É derrotado por Vexeta que o envía outra vez ó inferno.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]