NSFW
NSFW é un acrónimo inglés para a expresión Not Safe/Suitable For Work (Non seguro/non axeitado para o traballo)[1], empregado para se referir na linguaxe de Internet ás páxinas web, foros e blogs que conteñen URLs e hipervínculos a páxinas de contido para adultos. Xeralmente, as páxinas ou sitios NSFW albergan contigo pornográfico ou para adultos, contido violento, con son malsoante ou bocapodre.[2]
O acrónimo NSFW xorde especialmente coma advertencia de certos sitios web potencialmente inaxeitados para navegar por eles en lugares públicos, froito da universalización e extensión de Internet en bibliotecas, institutos, puntos de Internet, ou mesmo o traballo.
Paralelamente, o termo SFW (safe for work), derivado do anterior, adoita empregarse para páxinas ou sitios web aptos para navegar en público, ou sen contido inaxeitado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diccionario de Oxford (ed.). "NSFW: definición.". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2015. Consultado o 2 de xaneiro de 2015.
- ↑ NSFW (ed.). "Urban dictionary: definición.". Consultado o 2 de xaneiro de 2015.