[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Music Man StingRay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Music Man StingRay é un baixo eléctrico fabricado pola compañía Music Man Instruments a partir do ano 1976 e deseñado por Leo Fender e Tom Walker.[1] Foi o primeiro baixo eléctrico producido con ecualización activa preamplificada integrada e segue sendo o modelo máis fabricado da empresa californiana. Caracterízase pola súa liña ergonómica, unha construción sólida, unha ponte maziza de aceiro endurecido, golpeador ovalado simétrico, e un caravilleiro con disposición 3+1.[2]

  1. "Ultimate Guide to Music Man Basses". Andertons Music Co. (en inglés). Consultado o 2022-01-21. 
  2. "StingRay Special". Ernie Ball Music Man basses (en inglés). Consultado o 2022-01-21.