Music Is My Radar
«Music Is My Radar» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Blur | |||||
do recompilatorio Blur: The Best of | |||||
Lanzamento | 16 de outubro de 2000 | ||||
Formato | |||||
Gravada | |||||
Xénero musical | |||||
Lingua(s) | |||||
Duración | 6:34 (alternative version) 5:29 4:21 (radio edit) | ||||
Discográfica | Parlophone, Food, EMI | ||||
Produtor(es) | Blur, Ben Hillier | ||||
Escritor(es) | Damon Albarn, Graham Coxon,Alex James, Dave Rowntree | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Music Is My Radar" é unha canción da banda inglesa Blur. Publicouse como sinxelo o 16 de outubro de 2000 para promocionar o recompilatorio de grandes éxitos Blur: The Best of, sendo a única canción inédita do disco. O tema acadou o número 10 da lista británica de sinxelos.[1] Unha versión alternativa chamada "Squeezebox" apareceu en 2012 nun dos CDs de rarezas da caixa Blur 21, editada para celebrar o 21 aniversario do seu álbum de estrea, Leisure.
O músico nixeriano Tony Allen, que é mencionado repetidamente na letra, posteriormente colaborou co líder do grupo Damon Albarn como batería no supergrupo The Good, the Bad & the Queen e aparece tras a súa morte con Albarn na canción de Gorillaz de 2020 "How Far?".
Recepción
[editar | editar a fonte]O crítico de Pitchfork Richard M. Juzwiak describiu a canción como "verdadeiramente unha das mellores [de Blur]", engadindo: "é minimalista, marabillosa, e combina perfectamente o pop brillante do vello Blur co ruidoso novo Blur".[2] Daniel Durchholz de Wall of Sound dixo que era "vital", mentres que un menos entusiasta Stephen Thomas Erlewine dixo que era "boa, pero non xenial".[3]
En cambio, Graham Reed de Drowned in Sound afirmou que a canción era un "fallo creativo" que está "desprovisto de tono ou melodía".[4]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]- CD1
- "Music Is My Radar" (radio edit) – 4:21
- "Black Book" – 8:30
- "Headist" / "Into Another" (live) – 3:45
- CD2
- "Music Is My Radar" (radio edit) – 4:21
- "7 Days" (live) – 3:28
- "She's So High" (live) – 4:45
- Casete
- "Music Is My Radar" (radio edit) – 4:21
- "Black Book" – 8:30
- "She's So High" (live) – 4:45
- Vinilo de 12"
- "Music Is My Radar" (album version) – 5:29
- "Black Book" – 8:30
- CD en Xapón e Europa
- "Music Is My Radar" (radio edit) – 4:21
- "Black Book" – 8:30
- "7 Days" (live) – 3:28
- "She's So High" (live) – 4:45
- "Headist" / "Into Another" e "7 Days" graváronse para o programa Evening Session de Radio One'. Emitiuse por vez primeira o 5 de maio de 1992.
- "She's So High" gravouse para o Mark Goodier Show de Radio One. Emitiuse por vez primeira o 24 de xuño de 1990.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Blur - full Official Chart History". www.officialcharts.com. Consultado o 2021-12-13.
- ↑ "Blur: The Best of Blur". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2021-12-13.
- ↑ "The Best of Blur - Blur". AllMusic (en inglés). Consultado o 2021-12-13.
- ↑ "Drowned in Sound - Reviews - Albums - Blur - Best Of + Live CD". web.archive.org. 2007-11-01. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2007. Consultado o 2021-12-13.