Museo Xudeu de Praga
O Museo Xudeu de Praga (en checo: Židovské muzeum v Praze) é un museo de arte xudeu da cidade de Praga (República Checa). No museo expóñense tanto pezas de valor artístico como outras que ilustran a vida e a historia dos xudeus en Bohemia e Moravia. A colección do museo está repartida polas distintas sinagogas do Josefov e é posiblemente, a colección de arte xudeu máis extensa do mundo.
Historia
[editar | editar a fonte]O Museo Xudeu de Praga foi fundado en 1906 polos historiadores Dr. Hugo Lieben e Dr. Augustin Stein, quen posteriormente se converteu no líder da comunidade xudía de Praga. O obxectivo era preservar os artefactos das sinagogas de Praga demolidas durante renovación urbana do antigo barrio xudeu a principios do século XX. O museo foi pechado o 15 de marzo de 1939 coa ocupación nazi de Bohemia e Moravia. En 1942 o réxime nazi creou o Museo Central Xudeu co obxectivo de mostrar o patrimonio do pobo exterminado cunha colección con obxectos de arte cerimonial xudía de gran valor. A súa fundación foi proposta polo Dr. Stein, que xunto con outros membros especializados do persoal tratou de salvar os obxectos que estaban a ser confiscados polos nazis. Logo de moitas negociacións, o réxime nazi aceptou a proposta de creación do museo, mais guiados por motivos distintos aos dos fundadores do mesmo. Os artefactos foron enviados ao museo procedentes de tódalas comunidades xudías e sinagogas de Bohemia e Moravia.
Logo da segunda guerra mundial, o museo abriu novamente baixo a administración do Consello de Comunidades Xudías de Checoslovaquia, pasando o 4 de agosto de 1950 a transferir a súa administración ao goberno comunista de Checoslovaquia, restrinxíndose as súas actividades de conservación, exhibición e educación.
A caída do réxime comunista en 1989 favoreceu un cambio no status do museo. O 1 de outubro de 1994 os edificios e as coleccións pasaron a ser administrado pola comunidade xudía local e á Federación de Comunidades Xudías da República Checa respectívamente.
Os edificios que albergan o museo no Josefov sufriron danos significativos durante as inundacións europeas de 2002.[1]
Edificios
[editar | editar a fonte]O museo administra cinco sinagogas, as de Maisel, Pinkas, Klaus, a Sinagoga Española, e a Sinagoga Vella-Nova. Así mesmo, o museo administra o cemiterio xudeu de Praga e os arquivos da comunidade, situados na sinagoga de Smíchov (distrito de Praga).
Galería de edificios
[editar | editar a fonte]-
Sinagoga Maisel.
-
Sinagoga Pinkas.
-
Sinagoga Klaus.
-
Sinagoga Española.
-
Sinagoga Vella-Nova.
-
Sinagoga Smíchov.
-
Vello cemiterio xudeu.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pavlat, Leo (2002-08-27). "Flood Damage in the Jewish Museum in Prague in August 2002". The Jewish Museum in Prague. Arquivado dende o orixinal o 27-09-2007. Consultado o 15-10-2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- The Jewish Museum of Prague: A Guide Through the Collections, Hana Volavková, Umělecká beseda, 1948
- Jewish Art Treasures from Prague: The State Jewish Museum in Prague and Its Collections : a Catalogue, Charles Reginald Dodwell, Whitworth Art Gallery, 1920
- The Precious Legacy: Judaic Treasures from the Czechoslovak State Collections, David Altschuler, Vivian Mann, Simon & Schuster 1983
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web do Museo Xudeu de Praga (en checo) (en inglés)
- Sitio web da Comunidade Xudía de Praga (en checo) (en inglés) (en hebreo)
- synagogue.cz (en varios idiomas)