[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Museo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos
National Museum of Natural History
Vista da fachada principal
Coordenadas38°53′29″N 77°01′33″O / 38.89139, -77.02583
País Estados Unidos
CidadeWashington D.C.
TipoHistoria natural
AdministradorInstituto Smithsoniano
Construción17 de marzo de 1910
Na rede
https://naturalhistory.si.edu/
Facebook: SmithsonianNMNH Twitter: NMNH Instagram: smithsoniannmnh LinkedIn: smithsonian-institution-museum-of-natural-history Youtube: UCyCwfDOKjkm2VLWRxa7Ayhw Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Museo Nacional de Historia Natural dos Estados Unidos (coñecido no mundo anglosaxón simplemente como National Museum of Natural History) é un museo administrado polo Instituto Smithsoniano, localizado na National Mall da capital estadounidense, Washington D.C.

Entrada ao Museo.
O elefante africano naturalizado da rotonda do museo (en inglés, the Rotunda).

As coleccións do museo totalizan máis de 125 millón de espécimes de plantas, animais, fósiles, minerais, rochas, meteoritos e obxectos culturais humanos.

O museo é o segundo máis visitado dos museos smithsonianos. Ademais, no museo traballan máis de 185 profesionais da historia natural, o grupo máis grande dedicado ao estudo cultural e natural do mundo.

O museo fundose en 1910, e o edificio foi deseñado por Hornblower & Marshall. O edificio, de estilo neoclásico, foi o primeiro en construírse no lado norte da National Mall, ao longo da Constitution Avenue, como parte do plan da Comisión McMillan, en 1901.

As coleccións máis importantes da planta baixa (entrada pola National Mall) encóntranse na sala de mamíferos "Kenneth E. Behring", que mostra mamíferos taxidermizados de especies procedentes de todo el mundo, algúns dos cales foron coleccionados polo presidente Theodore Roosevelt.

Tamén no primeriro andar se encontra a sala na que o museo expón seus fósiles e esqueletos de dinosauros. Próxima á sala dos dinosauros encóntrase a exposición sobre a evolución da Terra, que transporta no tempo aos visitantes até o Precámbrico.

Outras salas mostran, por exemplo, coleccións de obxectos de culturais orientais.

A primeira planta conta coa Colección Nacional de Xemas, na sala de xeoloxía, xemas e minerais "Janet Annenberg". O obxecto máis destacado é o diamante Hope.

Tamén na primeira planta está o zoolóxico de insectos "Orkin". O resto da planta está ocupado cun cinema IMAX, que proxecta filmes da vida silvestre, xeografía e natureza.

No soto encóntranse a tenda do museo, a cafetaría e o auditorio. Pódese contemplar unha colección de 100 aves que viven na zona metropolitana de Washington D.C.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]