[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Muro de Berlín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muro de Berlín
Fragmento preservado do Muro de Berlín
Presentación
Nome localBerliner Mauer
LocalizaciónBerlín, Alemaña
DirecciónAtravesaba a cidade de Berlín, desde a Porta de Brandenburgo até Potsdamer Platz
Coordenadas52°30′58″N 13°22′37″L / 52.51611, -13.37694
EstruturaCemento, arame
PropietarioAdministrado por varios entes
Uso(s)Monumento e sitio histórico
CaracterísticasEstaba equipado con torres de vixilancia e sistemas de alarma. Ao contrario que outras fronteiras (incluída algunha zona de bosque entre a RFA e a RDA), non tiña sistemas de disparo automático
DeclaraciónMonumento histórico
Construción
Inicio13 de agosto de 1961
Data da construción1961
Estimación de finalización1961
Remate9 de novembro de 1989 (inicio da caída)
RemodelaciónN/A
VisitantesMillóns anualmente (turistas e visitantes a sitios preservados en Berlín)
Destruído1989-1990, oficialmente demolición completada en 1992. Consérvanse numerosos tramos, e mesmo algúns foron vendidos como 'souvenir'.
Dimensións
AlturaAproximadamente 3.6 metros
LonxitudeAproximadamente 155km
Número de plantasN/A
Equipo
Arquitecto(s)N/A
Enxeñeiro civilN/A
Inclúe un centro de documentación e memoriais como o Checkpoint Charlie e a Capela da Reconciliación
Trazado final do Muro.

O Muro de Berlin, en alemán Die Mauer ou Die Berliner Mauer,[1] foi unha construción civil que supuxo un símbolo vivo da división física da Alemaña da posguerra en dúas entidades, a República Federal Alemá (RFA) e a República Democrática Alemá (RDA). Este muro, alén de dividir a cidade de Berlín ao medio, simbolizaba a división do mundo en dous bloques ou partes: o Bloque Occidental, constituído polos países capitalistas encabezados polos Estados Unidos de América, e o Bloque do Leste, ou Soviético, constituído polos países comunistas, que tiñan á súa fronte a Unión Soviética.[2]

Características

[editar | editar a fonte]

Comezou a construírse na madrugada do 13 de agosto de 1961. Estaba formado por 66,5 km de valado metálico, 302 torres de observación, 127 redes metálicas electrificadas con arame, 255 pistas para feros cans de garda.[3]

Consecuencias

[editar | editar a fonte]

A construción do muro marcou o inicio do illamento da parte occidental da cidade de Berlín, illada territorialmente do resto de Alemaña Occidental e provocou unha crise na que os EUA crearon unha ponte aérea para o fornecemento da cidade, por decisión do presidente John F. Kennedy.[4]

Vítimas mortais

[editar | editar a fonte]

Este muro provocou a morte a 80 persoas identificadas (Chris Gueffroy foi a derradeira), 112 ficaron feridas e millares detidas nas diversas tentativas de o atravesar. Tamén morreron nove gardas fronteirizos da RDA, por disparos de fuxitivos ou de gardas da RFA.[5] Un deles, en maio de 1962, foi o garda alemán-oriental Manfred Weiss, tras recibir catro tiros nas costas. Tres meses despois, o mozo Peter Fechter foi acadado cun tiro na cadeira, logo de ter superado os primeiros obstáculos; estando en "terra de ninguén", nun clima de tensión crecente, non foi socorrido por xente de ningún dos lados da fronteira, o que provocou grande indignación internacional.[6] Ese feito tivo moita repercusión na prensa española, que o usou como propaganda anticomunista. Segundo a lenda, "Libre", cantada por Nino Bravo, estaba inspirada nese suceso, pero un dos autores dixo que en realidade se refería á represión na ditadura de Franco.[7]

Caída do Muro

[editar | editar a fonte]
Muro de Berlín cerca da Porta de Brandeburgo, con graffiti, unha semana despois da apertura da fronteira en 1989.

O Muro de Berlín caeu o 9 de novembro de 1989, no que foi o acto inicial da reunificación das dúas Alemañas, que formaron finalmente a República Alemá e rematando tamén a división do mundo en dous bloques. Moitos sinalan este momento tamén como a fin da Guerra fría.

  1. "Das Wichtigste zur Berliner Mauer". www.rbb24.de (en alemán). 2024-11-05. Consultado o 2024-11-10. 
  2. Na RDA foi chamado Antifaschistischer Schutzwall (Barreira antifascista) e en medios occidentais "muro da vergoña".
  3. Bildung, Bundeszentrale für politische. "Mauerfall". bpb.de (en alemán). Consultado o 2024-11-10. 
  4. "Abastecendo uma cidade: ponte aérea e bloqueio de Berlim durante a Guerra Fria". greelane.com (en portugués). 2018-02-15. Consultado o 2024-11-10. 
  5. pulman (2010-07-23). "Жертвы стены - счет с обеих строн.". Живой журнал Андрея Гордиенко (en ruso). Consultado o 2024-11-10. 
  6. Internet, Unidad Editorial. "¿Por qué nadie ayudó a Peter Fechter?". www.elmundo.es (en castelán). Consultado o 2024-11-10. 
  7. "Las palabras de Nino Bravo en RNE y la historia de "Libre"". RTVE (en castelán). 2022-08-03. Consultado o 2024-11-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.