Muriel Sánchez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Muriel Sánchez Sánchez Zürich, Suíza |
Educación | Real Escuela Superior de Arte Dramático |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Sitio web | murielsanchez.com |
Muriel Sánchez, nada en Zürich (Suíza) o 21 de abril de 1980, é unha actriz galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]É licenciada en Arte Dramática pola Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid, e estudou canto e piano no Conservatorio Profesional de Música da mesma cidade. Completa a súa formación como actriz e cantante tanto en España como no estranxeiro, realizando, entre outros, un Curso de Posgrao sobre Teatro Clásico e estudando en escolas como a Central School of Speech and Drama, Arts Educational School (Londres) e o Centro di Formazione Teatrale Venezia Inscena (Venecia).
Actividades
[editar | editar a fonte]Desenvolve a maior parte da súa actividade no ámbito teatral, traballando en numerosas producións nacionais e internacionais. Actriz da Compañía Nacional de Teatro Clásico desde o ano 2006, protagoniza obras como La Estrella de Sevilla (2008-2009), Romances del Cid (2006-2008) e El pintor de su deshonra (2008), todas dirixidas por Eduardo Vasco, e traballa en outras como El curioso impertinente, dirixida por Natalia Menéndez no ano 2007. Co Centro Dramático Galego protagoniza Ricardo III e Seis personaxes á procura de autor (2005), e coa compañía italiana Venezia Inscena traballa en diversos espectáculos de Commedia dell’Arte, como Il bugiardo sincero (2006) e L’ereditá di Pantalone (2007-2008). Noutras producións ten traballado á orde de directores como Helena Pimenta, Olga Margallo, Ignacio García, Charo Amador, Antonio Zancada ou Adriano Iurissevich.
No sector audiovisual, traballa en longametraxes como Conexão e Afranio, así como en diversas series de televisión, tanto de ámbito estatal como autonómico, destacando Rías Baixas, El Comisario ou Cuéntame cómo pasó.
Obras
[editar | editar a fonte]Teatro
[editar | editar a fonte]Ano | Obra de teatro | Personaxe | Director | |
2011 | A ópera dos tres reás, de Bertolt Brecht | Polly Peachum | Quico Cadaval | |
2009 | La Estrella de Sevilla, de Lope de Vega | Estrella | Eduardo Vasco | |
2008 | Romances del Cid (Versión de Ignacio García May) | La Muerte | Eduardo Vasco | |
2008 | El pintor de su deshonra, de Calderón de la Barca | Julia | Eduardo Vasco | |
2007 | El Curioso Impertinente, de Guillén de Castro | Criada | Natalia Menéndez | |
2007 | L'ereditá di Pantalone | Isabella | Adriano Iurissevich | |
2006 | Viva el teatro, de J.L. Alonso de Santos | Ana-Princesa Blancaflor | Olga Margallo | |
2006 | La Gran Vía, de Felipe Pérez y González | Izquierda y Candil | Helena Pimenta | |
2006 | Il bugiardo sincero | Hortensia y Stregga | Adriano Iurissevich | |
2005 | Seis personaxes á procura de autor, de Luigi Pirandello | A Fillastra | Xúlio Lago | |
2005 | Ricardo III, de William Shakespeare | Lady Ana | Manuel Guede | |
2004 | La muerte y la doncella, de Ariel Dorfman | Paulina | Antonio Zancada | |
2003 | La ópera de cuatro cuartos, de Bertolt Brecht | Polly Peachum | Charo Amador | |
2003 | Vuelo sobre el océano, de Bertolt Brecht | La Niebla | Nacho Pascual | |
2002 | El alcalde de Zalamea, de Calderón de la Barca | Isabel | Nuria Alcorta | |
2002 | Short Stories and Poems, de Raymond Carver | Edith | Nuria Alcorta | |
2001 | Tartufo, de Molière | Mariana | Charo Amador | |
1999 | Palabras de Víspera, de Álvaro Cunqueiro | Urraca | Manuel Lourenzo |
Televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Serie | Personaxe | Director | |
---|---|---|---|---|
2003-04 | Rías Baixas (TVG) | Protagonista | Gerardo Rodríguez | |
2003 | Cuéntame cómo pasó (TVE) | Secundaria | Antonio Cano e Agustín Crespi | |
2001 | El Comisario (Tele 5) | Secundaria | Jesús Font |
Cinema
[editar | editar a fonte]Ano | Serie | Personaxe | Director |
---|---|---|---|
2008 | A Conexão | Secundaria | Leonel Vieira |
2008 | Afranio | Secundaria | Víctor Coyote |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha[Ligazón morta] en AADTEG
- Ficha en Cultura Galega
- [1][Ligazón morta] (en castelán)