[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Muller fatal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mata Hari, bailarina exótica e espía convicta exemplo de muller fatal da primeira guerra mundial.

Unha muller fatal ou femme fatale é un arquetipo, normalmente unha dona que usa o poder da sexualidade para atrapar o desventurado heroe. A denominación é unha tradución directa dende a lingua francesa. A personaxe adoita ser representada ou caracterizada como sexualmente insaciábel; aínda que polo xeral é malvada, tamén hai mulleres fatais que nalgunhas historias fan de antiheroínas e mesmo de heroínas. Na actualidade o arquetipo é visto coma un personaxe que constantemente cruza a liña entre a bondade e a maldade, actuando sen escrúpulos sexa cal for a súa lealdade.