Mosteiro de las Huelgas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Mosteiro de las Huelgas | |
---|---|
País | España |
Localización | Burgos |
Coordenadas | 42°20′10″N 3°43′13″O / 42.3361, -3.7202 |
Diocese | Arquidiocese católica latina de Burgos |
Orde relixiosa | Freiras cistercianas |
Estilo | Arte cisterciense |
Páxina web | http://www.monasteriodelashuelgas.org/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
O mosteiro de Las Huelgas é un mosteiro cisterciense feminino, fundado en 1189 polo rei Afonso VIII de Castela e a súa esposa, a princesa de Inglaterra Leonor Plantagenet, filla de Leonor de Aquitania e de Henrique II de Inglaterra.
Situación
[editar | editar a fonte]Está situado ao occidente da cidade de Burgos (España), algo retirado do río Arlanzón, nun terreo chan que antigamente estaba ocupado por hortas e prados e que era coñecido como "Las Huelgas", debido a que as xentes do lugar acudían alí para folgar, isto é, distraerse e pasar o seu tempo de lecer.
Historia
[editar | editar a fonte]Na Idade Media, foi o máis importante mosteiro feminino de Castela, albergando raparigas pertencentes á alta nobreza e da familia real castelá. Está composto por unha biblioteca, onde as freiras gardaban libros de diferentes e numerosos temas, algúns até prohibidos pola Igrexa católica.
O mosteiro tivo numerosas abadesas (todas pertencentes á familia real castelá), entre os cales a infanta Costanza de Castela, filla de Leonor e de Afonso VIII, que foi abadesa de Las Huelgas de 1219 a 1243 e a infanta Berengaria, filla de Beatriz da Suavia e de Fernando III de León e Castela (1201-1252) e, por tanto, irmá de Afonso X o Sabio, rei de Castela e León.
Na música
[editar | editar a fonte]- O grupo de música antiga Martín Códax ten editado cancións medievais dos códices deste mosteiro de freiras.