Miyavi
(2019) | |
Nome orixinal | (ja) MIYAVI (ja) 雅〜みやび〜 (ja) 雅—MIYAVI— (ja) 雅—miyavi— (ja) ミヤヴィ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ja) 石原 貴雅 14 de setembro de 1981 (43 anos) Osaca, Xapón |
Outros nomes | Miyabi, Miyavi, MYV, Meev, Myvster, 382 |
Actividade | |
Lugar de traballo | Toquio |
Ocupación | cantautor, actor, actor de cinema, compositor de cancións, guitarrista, músico, cantante, artista discográfico |
Período de actividade | 1995 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Visual kei (pt) |
Representante | William Morris Endeavor (pt) e LDH (pt) |
Instrumento | Guitarra e voz |
Selo discográfico | Free-Will (pt) PS Company (en) (2002–2004) Universal Music Japan (pt) (2004–2009) EMI Records Japan (pt) (2010–2013) Virgin Music (en) (2014–) Wrasse Records (en) (2015–2017) |
Familia | |
Cónxuxe | Melody. (2009–) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | myv382tokyo.com |
|
Miyavi, nado en Osaca o 14 de setembro de 1981, é un cantante e guitarrista de rock xaponés .
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En xuño de 1999, Miyabi (cun b, "miyabi" significando "elegancia"), antigo membro do grupo Loop, chegou como guitarrista ao grupo indie Dué le Quartz formado por Sakito, Kikasa e Kazuki. Compuxo case a totalidade das composicións e unha parte das letras do grupo. En novembro dese ano saíu o seu primeiro mini-álbum, Mikansei no Jekyll to Hyde, pero a consagración non virá máis que con Jisatsu Ganbou, saído o 28 de maio de 2000. O 21 de agosto de 2000, o grupo organiza o seu concerto no Shibuya On Air West, lugar que repiten en febreiro de 2001 para un dobre concerto (con Shibuya On Air East).
O 12 de maio de 2002 saíu un novo mini-álbum, Rodeo, mais o grupo anuncia a súa separación algunhas semanas máis tarde (o 8 de xuño), despois dun último concerto o 22 de setembro no Shibuya AX. Miyabi anunciou entón o comezo da súa carreira en solitario, coa modificación do seu nome artístico para Miyavi, aproveitando a ocasión para cambiar o seu estilo tanto artístico como visual, menos visual kei, menos gótico e máis punk (con profusión de tatuaxes e piercings).
Artista completo, extravagante en escena, pero reservado sobre a súa vida privada, Miyavi intentou probar sorte no cinema co papel principal na película Oresama. É igualmente o propietario da súa propia compañía discográfica.
O álbum Miyaviuta - Dokuso (2006) supuxo unha nova renovación no seu estilo, cun acompañamento musical máis reducido, concentrándose na súa guitarra, cun estilo máis doce. Miyavi decidiu instalarse nos Estados Unidos, nos Ánxeles, uníndose á superbanda S.K.I.N. antes de sacar o álbum This Iz the Japanese Kabuki Rock o 19 de marzo de 2008.