[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Mina de prata Iwami Ginzan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMina de prata Iwami Ginzan
(ja) 石見銀山 Editar o valor en Wikidata
Imaxe do interior
Imaxe
Tipoxacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
EpónimoProvincia de Iwami Editar o valor en Wikidata
Descubridor ou inventorKamiya Jutei (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deTop 100 Geological Sites in Japan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaŌda, Xapón Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónŌmori (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 35°06′26″N 132°26′15″L / 35.10722, 132.4375
Características
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 529,17 ha
zona de protección: 3.134 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Asia-Oceanía insular
Data2007 (31ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iii) e (v) Editar o valor en Wikidata
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade2010 Editar o valor en Wikidata
Identificador1246
Sitio histórico do Xapón
Important Preservation Districts for Groups of Traditional Buildings (en) Traducir
Historia
Data de creación ou fundación1527 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
2010 extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade
1556 Oshibara Kuzure (en) Traducir
1559 Battle of Gōrozaka (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Data de descuberta ou invención1526 Editar o valor en Wikidata

O Iwami Ginzan (石見銀山?) foi unha mina de prata subterránea na cidade de Ōda, na Prefectura de Shimane o a illa principal de Honshu, Xapón.[1] Foi a maior mina de prata da historia xaponesa. Estivo activa durante case catrocentos anos, desde o seu descubrimento en 1526 ata o seu peche en 1923.

As minas, as estruturas mineiras e a paisaxe cultural circundante, catalogada como a "Mina de prata de Iwami Ginzan e a súa paisaxe cultural", convertéronse en Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2007.[2]

Tamén se lle chamou a mina de prata Omori e, a comezos do período Edo, mina de prata Sama.[3]

O 2 de xullo de 2007, foi incluída na lista de Patrimonio da Humanidade.[3]

Ryūgen-ji mabu (Túnel de mina)

A mina descuberta e desenvolvida en 1526 por Kamiya Jutei, un comerciante xaponés. Jutei introducíu máis tarde un estilo coreano de extracción da prata que se converteus no Método Haifukiho. A mina logrou o seu pico de produción a principios do 1600, con aproximadamente 38 toneladas de prata ao ano, cando o Xapón producía sobre 200 toneladas de prata ao ano que era entón un terzo da produción mundial.[4]

A prata da mina utilizouse para acuñar moedas no Xapón. Foi disputado ferozmente polos señores da guerra ata que o Shogunato Tokugawa logrou o seu control no ano 1600 por mor da Batalla de Sekigahara en 1600.[4] Máis tarde asegurouse con valos e barricadas de piñeiros. O castelo Yamabuki construíuse no centro do complexo mineiro.[4]

A produción de prata da mina caeu no século XIX cando tivo o problemas para competir coas minas doutros lugares do mundo. A mineiría doutros minerais, como o cobre, substituíu entón á prata como o material predominante producido na montaña. A mina finalmente pechouse en 1923.

Influencias económicas

[editar | editar a fonte]

A mina de prata de Iwami Ginzan xogou un papel fundamental no comercio do leste asiático, onde a prata era unha moeda clave. En Europa e a China, a mina era coñecida como a maior mina de prata que podía compararse coa coñecida mina colonial española de Cerro Rico de Potosí no Vicerreinado do Perú, actual Sitio de Patrimonio Mundial en Bolivia.

Nos países estranxeiros, debido a que a prata extraída en Iwami Ginzan era de moi alta calidade, pasou a ser coñecida como unha das marcas xaponesas de prata, vendida como "Soma Silver" (prata de Soma). O nome deriva da aldea de Sama (Soma) na que estaba situada a mina. Esta prata recibiu o crédito comercial máis alto do leste asiático. A partir do século XVII as moedas de prata feitas coa prata da mina comercializáronse non só como unha das moedas básicas do Xapón, senón tamén como moeda para o comercio coa China, Portugal e os Países Baixos (o Xapón comezou a comerciar con Portugal a finais do século XVI e os Países Baixos no século XVII).

A prosperidade da mina pódese ver pola súa indicación nos mapas da época como o "Reino da mina de prata". Co progreso da navegación, os monarcas de Europa Occidental conseguiran moitos mapas importados das civilizacións musulmás, e logo elaboraron os seus propios mapas. A frota comercial que utilizaba os mapas navegaba pola India e a China ata o Xapón, para intercambiar mercadorías europeas por prata xaponesa. Os señores feudais que controlaban a mina comerciaban activamente cos europeos.

Sitio de Patrimonio mundial

[editar | editar a fonte]
Aldea de Ōmori Ginzan

Partes da cidade mineira seguen en bo estado e o goberno xaponés designouno como distrito de conservación especial para grupos de edificios históricos en 1969. O goberno tamén solicitou que fose Patrimonio da Humanidade. Unha avaliación do sitio realizada polo Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS) non atopou "un valor universal excepcional". Non obstante, o organismo avaliador concluíu no seu informe que Iwami Ginzan era "un firme candidato para a súa inscrición como ben Patrimonio da Humanidade" no futuro. Recomendou que o nomeamento se aprazase polo momento para que se puidese realizar máis investigacións sobre o sitio.

A proposta finalmente tivo éxito no 2007, estabelecendo a Mina de Prata de Iwami Ginzan e a súa Paisaxe Cultural como Sitio de Patrimonio Mundial.[2]

O desenvolvemento dunha gran mina de prata adoita requirir colleitar cantidades substanciais de madeira dos bosques circundantes. Non obstante, o desenvolvemento da mina de prata de Iwami Ginzan provocou unha menor deforestación e erosión debido ao control "sostible" da explotación forestal, e tamén unha menor contaminación do solo e da auga. Foi un dos motivos polos que a mina de prata de Iwami Ginzan seleccionárase como Patrimonio da Humanidade. Tamén declarouse en 2007 entre os 100 maiores sitios xeolóxicos do Xapón.

Características

[editar | editar a fonte]
Iwami Ginzan Mina de prata: ruínas da refinaría de Shimizudani

O Sitio de Patrimonio Mundial inclúe:

  • Área mineira de Iwami Ginzan cuns seiscentos pozos e bocas de mina
  • Sitios de procesamento, administrativos, residenciais e relixiosos relacionados
  • Tres castelos históricos construídos no século XVI para protexer as minas
  • Tres portos de servizo para o envío de prata
  • Conexión de rutas de transporte

Compoñentes

[editar | editar a fonte]
O sitio de Daikansho (Ruínas da oficina do gobernador da prefectura de Oomori)
A Casa da familia Kumagai

Os catorce compoñentes nomeados avaliados polo ICOMOS é:[5][6]

  1. A área mineira de Ginzan Sakunouchi (銀山柵内?) ()
  2. O sitio de Daikansho
  3. O sitio do castelo de Yataki (矢滝城跡?)
  4. O sitio do Yahazu (矢筈城跡?)
  5. O sitio do Iwami (石見城跡?)
  6. O asentamento mineiro de Ōmori Ginzan (大森銀山?) ()
  7. As instalacións de refino de prata de Miyanomae (área de Miyanomae) ()
  8. A casa da familia de Kumagai (熊谷家住宅?) ()
  9. O templo Rakan-ji Gohyakurakan (羅漢寺?) ()
  10. Ruta de transporte de Iwami Ginzan Kaidō Tomogauradō R
  11. Ruta de transporte de Iwami Ginzan Kaidō Yunotsu-Okidomaridō
  12. Porto de servizo/cidade portuaria de Tomogaura (鞆ヶ浦?)
  13. Porto de servizo/cidade portuaria de Okidomari (沖泊?)
  14. Porto de servizo/cidade portuaria de Yunotsu (温泉津?)
Iwami Ginzan Centro de Patrimonio mundial
  • Iwami Ginzan Centro de Patrimonio mundial
  • Iwami Museo da mina da prata


Referencias
  1. Lyman, Benjamin Smith. (1879). Geological Survey of Japan, páx. 87.
  2. 2,0 2,1 "Iwami picked as World Heritage site," Arquivado 21 de maio de 2013 en Wayback Machine.The Yomiuri Shimbun. xuño de 2007.
  3. 3,0 3,1 龍源寺間歩 [Ryugenji], Maho (24 de setembro de 2009 [actualizado o 27 de xuño de 2013]). "石見銀山 [Iwami Ginzan]". sinn.dip.jp (en jp). Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2013. Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 UNESCO: "Historic Silver Mine of Iwami Ginzan."
  5. ICOMOS (ed.). "Iwami Ginzan Silver Mine and its Cultural Landscape" (PDF). unesco.org (en inglés). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. "Nomination of THE IWAMI GINZAN SILVER MINE AND ITS CULTURAL LANDSCAPE for Inscription on the World Heritage List" (PDF). unesco.org (en inglés). 2007. Consultado o 20 de xuño de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Lyman, Benjamin Smith. (1879). Enquisa xeolóxica do Xapón: Informes de Progreso para 1878 e 1879. Tookei: Departamento de Traballos públicos. OCLC: 13342563

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]