Mimosas
Mimosas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Mimosas |
Director | Óliver Laxe |
Produtor | Felipe Lage Coro Lamia Chraibi Nadia Turincev |
Guión | Óliver Laxe Santiago Fillol |
Intérpretes | Ahmed Hammoud Shakib Ben Omar Said Aagli |
Fotografía | Mauro Herce |
Montaxe | Cristóbal Fernández |
Estudio | Zeitun Films La Prod Rouge International |
Distribuidora | UFO Distribution (Francia) NUMAX Distribución (España) Grasshopper Film (Estados Unidos) |
Estrea | Cannes: 16 de maio de 2016 5 de xaneiro de 2017[1] |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Galicia Francia Marrocos Qatar |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://zeitunfilms.com/gl/mim/index | |
Mimosas é un filme dramático dirixido e co-escrito por Óliver Laxe que se estreou no ano 2016. O filme é a segunda longametraxe de Laxe, sendo descrita por el mesmo como 'un western místico'.[2] Trátase dunha coprodución entre Galicia, Marrocos, Francia e Qatar. Foi estreado na sección "semana da crítica" Festival de Cannes de 2016[3][4] onde gañou o Gran Premio.[5]
Rodado orixinalmente en lingua árabe, estreouse dobrado en galego o 26 de xullo de 2020 a través da TVG.[6] A directora de dobraxe foi Charo Pena.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Seguindo a última vontade dun venerado xeque marroquí de ser soterrado nas ruínas de Sijilmasa, dous homes ofrécense para levar o corpo alén dos cumios do Cordal do Atlas, malia que todos dubidan das súas verdadeiras intencións.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ahmed Hammoud como Ahmed
- Voz da dobraxe galega de Óscar Fernández
- Shakib Ben Omar como Shakib
- Voz da dobraxe galega de Carlos Jiménez
- Said Aagli como Saïd
- Voz da dobraxe galega de Matías Brea
- Ikram Anzouli como Ikram
- Ahmed El Othemani como Mohammed
- Hamid Fardjad como Sheikh
- Margarita Albores como Noor
- Abdelatif Hwidar como Guía
Produción
[editar | editar a fonte]En The Sky Trembles and the Earth is Afraid and the Two Eyes are not Brothers (2015) Ben Rivers mestura documental (un "como se fixo" de Mimosas) con ficción (adaptación dun relato de Paul Bowles, "A Distant Episode"). Óliver Laxe fai de si mesmo na primeira parte e incorpórase como protagonista na ficción da segunda parte.[7]
Acollida
[editar | editar a fonte]O filme obtivo recensións positivas por parte da crítica especializada. Na páxina web Rotten Tomatoes, o filme conta cunha valoración do 88%.[8] Jonathan Romney de Screen Daily afirmou que o filme «fai un uso abraiante dun elenco non profesional» e refiríndose ó director, asegurou que «Laxe ten un ollo infalible para as caras que contan unha historia».[9]
Ben Keingsberg da revista Variety afirmou que «o filme combina reflexións espirituais e paisaxes asombrosas».[10] Peter Bradshaw de The Guardian referiuse ó filme da seguinte maneiraː «Certas escenas parecen improvisadas no lugar e hai algo exasperantemente non comprometedor e provisional ó respecto. Pero certamente vense marabillosas».[11] No ano 2017, Mimosas foi escollido entre os mellores filmes do ano polo crítico de cine de The New Yorker Richard Brody, aparecendo na súa lista no posto 33.[12]
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]O filme gañou o Gran Premio da Semana da Crítica do Festival de Cannes en 2016[13] e o Premio Especial do Xurado no Festival de Sevilla, onde tamén acadou unha mención especial ó mellor son e montaxe.
- Festival de Cannes
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
2016 | Gran Premio da Semana da Crítica | Gañador |
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
15ª edición | Mellor director | Gañador |
Mellor filme | Nomeado | |
Mellor guión | Nomeado | |
Mellor dirección de produción | Gañador | |
Mellor son | Nomeado |
Estrea caseira
[editar | editar a fonte]A estrea en DVD e Blu-ray produciuse o 14 de decembro de 2017.[14] Esta edición conta con opción de subtitulado en galego e castelán, xa que os diálogos son en árabe. O contido extra inclúe a curtametraxe París #1 (2007), a primeira obra de Laxe con certa repercusión, o tráiler e máis o diario de rodaxe A debilidade de crer. O diario é obra do guionista Santiago Fillol e conta as condicións da rodaxe no Cordal do Atlas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gómez, Noelia (4 de xaneiro de 2017). "'Mimosas', de Oliver Laxe e gañadora en Cannes, estréase esta quinta feira en todo o país". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2017.
- ↑ Dopico, Montse (13 de novembro de 2017). "Oliver Laxe: “A miña responsabilidade como cineasta é recordar ao espectador que hai lugar para a inocencia”". Praza Pública. Consultado o 12 de decembro de 2017.
- ↑ "Mimosas". Semaine de la Critique. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2017. Consultado o 06 de setembro de 2017.
- ↑ La Opinión (ed.). "Estar en Cannes ya es un gran éxito".
- ↑ Nancy Tartaglione (19 de maio de 2016). Deadline, ed. "Critics' Week Grand Prize Goes To 'Mimosas' – Cannes". Consultado o 19 de maio de 2016.
- ↑ Cinemar Films (ed.). "Mimosas na TVG". Consultado o 25 de abril de 2021.
- ↑ Pagán, Alberte (12-02-2017). "Os dous olhos do Capitám Laxe". Acto de Primavera.
- ↑ Mimosas Rotten Tomatoes. Consultado o 3 de novembro de 2018.
- ↑ Mimosas review Screen Daily. Consultado o 3 de novembro de 2018.
- ↑ Mimosas review Variety. Consultado o 3 de novembro de 2018.
- ↑ Mimosas review The Guardian. Consultado o 3 de novembro de 2018.
- ↑ Redacción (11 de decembro de 2017). "'The New Yorker' escolle 'Mimosas' entre os mellores filmes de 2017". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2017.
- ↑ Redacción (15 de abril de 2017). "Oliver Laxe denuncia a negativa de TVE a apoiar os seus filmes". Praza Pública. Consultado o 12 de decembro de 2017.
- ↑ Redacción (5 de decembro de 2017). "'Mimosas', o premiado filme de Oliver Laxe, en DVD". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2017. Consultado o 12 de decembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mimosas na IMDb (en inglés).
- Ficha en Zeitun Films