Migennes
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Borgoña-Franco Condado | ||||
Departamento | Yonne | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.068 (2021) (426,3 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921601 Q114361114 | ||||
Superficie | 16,58 km² | ||||
Bañado por | Río Yonne e Rio Armançon (pt) | ||||
Altitude | 80 m-152 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 89400 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | ville-migennes.fr | ||||
Migennes é unha vila e un concello francés situado no departamento de Yonne, na rexión de Borgoña. Contaba con 7.373 habitantes en 2007. A extensión do concello ou commune é de 16,58 Ha.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está sito a uns vinte km de Auxerre, capital do departamento, na confluencia do río Armançon e do Yonne, entre 85 e 120 m sobre o nivel do mar.
Ademais, Migennes é o punto de partida da canle de Borgoña, de 242 km de lonxitude, que termina en Saint-Jean-de-Losne, canal que permite unir o río Yonne (e o Sena a través del) co río Saona.
Historia
[editar | editar a fonte]Escavacións efectuadas en 2004, mostraron que a zona estaba xa habitada na Era do Bronce. Da época galo-romana os mosaicos e outros obxectos mostran que tiña unha certa importancia. A vila denominábase Mitigana durante o Imperio Romano.
A vila debe a súa fama á súa estación, denominada Laroche-Migennes e mais a aparecer nunha canción burlenta do talentoso chansonnier Jean Raymond, que dicía "Laroche Mimi Laroche Migennes etc...".
Sito Migennes á mesma distancia de Dijon que de París, para o cambio de locomotoras estabeleceuse a localidade como sitio de cambio ideal. Porén a electrificación fixo que perdese importancia como estación intermedia.
Monumentos
[editar | editar a fonte]- Igrexa parroquial de "Saint Pancrace": ofrece unha representacion mural do Dito dos tres mortos e os tres vivos: tres mozos son interpelados nun cemiterio por tres mortos, que lles lembran a brevedade da vida e a importancia da saúde da súas almas.
- Igrexa parroquial de "Christ-Roi": comezouse a contruír en 1925 e foi consagrada en 1935. Está edificada en cemento, material entón moi novedoso. O seu impresionante campanario alcanza 60 metros de altura.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Migennes |