[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Michelle Yeoh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMichelle Yeoh

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Ipoh (Malaisia) Editar o valor en Wikidata
Membro do Comité Olímpico Internacional
Representa: Malaisia

2023 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMichelle Khan Editar o valor en Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal Academy of Dance (pt) Traducir
The Hammond (en) Traducir
Universidade Metropolitana de Manchester
SMK Main Convent, Ipoh (en) Traducir
Academia Real Inglesa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, concursante en certames de beleza, modelo, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Participou en
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016
5 de outubro de 201111th World Chinese Entrepreneurs Convention (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJean Todt (2023–) Editar o valor en Wikidata
PaisYeoh Kian Teik Editar o valor en Wikidata  e Janet Yeoh Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih,
Southeast Asian Personalities of Chinese Descent (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000706 Allocine: 15189 Rottentomatoes: celebrity/michelle-yeoh Allmovie: p223709 Metacritic: person/michelle-yeoh
Facebook: yeoh2016 Instagram: michelleyeoh_official BNE: XX1363851 iTunes: 270980744 Last fm: Michelle+Yeoh Musicbrainz: a0543413-4c45-45e7-ab3b-7f8c36d83424 WikiTree: Yeoh-30 Editar o valor en Wikidata

Michelle Yeoh Choo-Kheng nada en Ipoh (Perak) o 6 de agosto de 1962, é unha actriz, modelo e bailarina malaia de orixe chinesa. O seu nome de nacemento en mandarín é Yáng Zǐqióng. Fala inglés, malaio e posteriormente aprendeu chinés.

Educación

[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar ballet ós catro anos. Segundo as súas propias declaracións, inspirada polo éxito do filme 'Fame únese á Royal Academy of Dance de Londres en 1980, onde acada o título en danza. Durante os seus estudos en Inglaterra probou técnicas de baile de tendencias como o jazz e o ballet; porén, a súa idea de se converter en prima bailarina truncouse por unha lesión de columna que sufriu nunha sesión de práctica na universidade. Esta lesión levouna a se especializar en coreografía e, por recomendación médica, afástase do baile como dedicación profesional.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1983 regresou ó seu país natal, participando e gañando o concurso de beleza Miss Malaisia. Apareceu nun anuncio de televisión xunto a Jackie Chan, o que despertou o interese dalgúns produtores cinematográficos. Apareceu logo nalgúns filmes producidos en Hong Kong cos actores Jackie Chan e Chow Yun-fat. Cando contrae matrimonio co executivo de cinema Dickson Poon en 1988, retírase da actuación até o ano 1992.

Logo do seu divorcio regresou ó cine con relativo éxito. Tralo seu regreso, a meirande parte dos seus papeis foron relacionados con filmes de artes marciais, cos que obtivo grande éxito en Asia. Curiosamente a pesar de non ter recibido adestramento formal en artes marciais é unha das poucas actrices que realizan as acrobacias persoalmente sen a axuda de dobres. Debido á súa crecente fama en Asia foi chamada a coprotagonizar en 1997 007: O mañá nunca morre da saga de James Bond xunto ó irlandés Pierce Brosnan, co que a súa imaxe fíxose máis familiar en occidente. Ese mesmo ano foi seleccionada pola revista "People" como unha das 50 persoas máis fermosas do mundo. Porén, foi o éxito internacional de Wò hǔ cáng lóng (Título orixinal: 臥虎藏龍. Tradución ó galego: "Tigre agazapado, Dragón agochado") xunto a Zhang Ziyi e Chow Yun-fat, dirixida por Ang Lee foi o filme que deparou un maior recoñecemento. Yeoh volveu aparecer en occidente ó coprotagonizar novamente xunto a Zhang Ziyi e co xaponés Ken Watanabe Memorias dunha gueixa, filme producido por Steven Spielberg.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]
Jean Todt con Michelle Yeoh e o alcalde de Pierrefort diante da casa número 15 na Rúa Jean Todt

Yeoh casou co empresario de Hong Kong Dickson Poon, que posúe negocios como Harvey Nichols e Charles Jourdan. Despois de divorciarse, o 28 de setembro de 2004 Jean Todt, director do equipo Ferrari da Fórmula 1, anunciou o seu compromiso matrimonial con Michelle Yeoh. Yeoh é de relixión budista. En marzo de 2008, visitou Vietnam para filmar un documental da rexión para a "Asia Injury Prevention Foundation" (AIPF). Yeoh é tamén unha partidaria e embaixadora do proxecto da China comprometido a protexer os tigres do sur da China.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Michelle Yeoh en Cannes no 2000.
Yeoh en Cannes no 2007
Michelle Yeoh en Cannes no 2009
Ano Título Papel Notas
1984 The Owl vs Bombo Miss Yeung
1985 Yes, Madam Inspector Ng
1985 Twinkle, Twinkle Lucky Stars Instrutora de Judo
1986 Wong ga jin si Michelle Yip Tamén coñecido como In the Line of Duty
1987 Dynamite Fighters Fok Ming-Ming
1987 Tong tian da dao Michelle Yeung tamén coñecido como Easy Money
1992 Police Story 3: Super Cop Inspectora Jessica Yang
1993 The Heroic Trio Ching
1993 Butterfly and Sword Lady Ko
1993 Executioners Ching/San/Carol
1993 Holy Weapon Ching Sze/To Col Ching
1993 Once a Cop Jessica Yang
1993 Tai Chi Master Siu Lin
1994 Shao Lin xiao zi II: Xin wu long yuan Ah King tamén coñecido como Shaolin Popey 2 - Messy Temple
1994 7 jin gong Ying tamén coñecido como Wonder Seven
1994 Wing Chun Yim Wing Chun
1996 A Jin de gu shi Ah Kam tamén coñecido como Ah Kam
1997 The Soong Sisters Soong Ai-ling/Madam Kung
1997 007: O mañá nunca morre Wai Lin
1999 Sing yuet tung wa Sis tamén coñecido como Moonlight Express
2000 Wò hǔ cáng lóng Yu Shu Lien
2002 Tian mai zhuan qi Pak Yin Fay
2004 Silver Hawk Lulu Wong / The Silver Hawk
2005 Memorias dunha gueixa Mameha
2006 Fearless Ms. Yang
2007 Sunshine Corazon
2007 Far North Saiva
2008 The Children of Huang Shi Mrs.Wang
2008 Babylon A.D. Sister Rebeka
2008 The Mummy: Tomb of the Dragon Emperor Zi Yuan
2009 Turning Point Michelle Yeoh Documental
2009 Among the Great Apes with Michelle Yeoh Michelle Yeoh National Geographic documental
2010 True Legend Irmá Yu
2010 Reign of Assassins Zeng Jing Título en chinés Jianyu tamén coñecido como Jianyu Jianghu
2010 The Karate Kid Mestra de artes marciais
2011 Kung Fu Panda 2 Vedoira (voz)
2011 The Lady Aung San Suu Kyi

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

BAFTA á mellor actriz por Wò hǔ cáng lóng

Pegadas de Yeoh sobre a avenida das estrelas en Hong Kong

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]