[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Mester de clerecía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Segunda estrofa do Libro de Alexandre, primeiro terzo do século XIII, cuxo texto tívose pola declaración de principios do mester de clerecía:  
Mester traigo fermoso, non es de joglaría



mester es sin pecado, ca es de clerezía



fablar curso rimado por la cuaderna vía



a sílabas cuntadas, ca es grant maestría.
Libro de Alexandre, vv. 5-8.

O mester de clerecía é a literatura medieval composta por clérigos, é dicir, homes instruídos e non necesariamente sacerdotes (podían ser nobres, como Pedro López de Ayala, xudeus, como Sem Tob, ou musulmáns, como o anónimo autor do Poema de Yusuf) que posuían uns coñecementos superiores aos do trivium ou triviais, o ensino elemental da época. Estes clérigos cursaran, en cambio, os altos estudos de entón, é dicir, a educación superior derivada do quadrivium, de onde podería provir a expresión caderna vía, que serviu para chamar á súa estrofa característica: o tetrástrofo monorrimo.[1]

O mester de clerecía, con todo, é unha denominación que posúe dous sentidos, un restrinxido e máis homoxéneo e outro amplo máis heteroxéneo. En sentido restrinxido, sinala só a un grupo de obras de características moi definidas que seguen o ronsel do Libro de Aleixandre: o Libro de Apolonio e as hagiografías de Gonzalo de Berceo, soamente. En sentido máis latexo, ten que ver con todas as derivacións ulteriores que adaptaron este modelo a outras condicións sociais e mentalidades: o Libro de Bo Amor, o Rimado de Palacio, o Poema de Fernán González, os Proverbios morais, o Poema de Yusuf etcétera. Esta segunda agrupación é máis extensa e heteroxénea.[2]

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]

As primeiras producións deste movemento foron o Libro de Apolonio e o Libro de Alexandre, en cuxa segunda estrofa explicítase o manifesto desta nova escola poética.

Características

[editar | editar a fonte]
  • Son obras feitas por homes cultos que empregan un vocabulario cheo de cultismos (palabras tomadas directamente do latín).
  • Tratan temas relixiosos e historiográficos cunha finalidade moralizante, tomados doutras fontes (obras latino-medievais case sempre).
  • Teñen a finalidade de entreter (delectare), ensinar á xente (docere) (ver estrofa 3 do Libro de Alexandre ) e impulsalos (movere) á virtude e á piedade.
  • Están escritas en verso regular, preferentemente alexandrino ou catorce sílabas divididas en dous hemísticos isométricos de sete sílabas cada unha e separados por unha forte pausa ou cesura, a diferenza do mester de xograría, que emprega versos irregulares e anisilábicos e hemistiquios heterométricos.
  • Usan a rima máis difícil e esixente, a consoante.
  • Usan o tetrástrofo monorrimo como esquema métrico preferido, e xa no século XIV outros metros para darlle variedade á monotonía estrófica, principalmente zexeles ou variantes da caderna vía, como Sem Tob .
  • Ausencia de asuntos heroicos. A diferenza do mester de xograría, os autores tratan asuntos relixiosos e ascéticos. Tan só unha obra nesta corrente desenvolve un tema épico.

Obras en caderna vía

[editar | editar a fonte]
  • Libro de Apolonio
  • Libro de Alexandre
  • Poema de Fernán González, refundición en caderna vía dun cantar de xesta.
  • Castigos e exemplos de Catón
  • Poema de Yuçuf
  • Coplas de Yoçef
  • Proverbios morais de Sem Tob (ou Santob)
  • Vida de San Ildefonso do beneficiado de Úbeda.
  • Libro de miseria de omne
  • Proverbios en rimo do sabio Salomón
  • Rimado de Palacio de Pedro López de Ayala
  • Obras de Gonzalo de Berceo: Milagros de Nuestra Señora, Vida de San Millán, Vida de Santa Oria, Vida de Santo Domingo de Silos, Martirio de San Lorenzo, Signos que aparescerán antes del Juicio, Loores de Nuestra Señora, Del sacrificio de la Misa, Duelo que fizo la Virgen María.
  • Libro de buen amor, de Juan Ruiz, arcipreste de Hita..

Obras en outros metros

[editar | editar a fonte]

Por outra banda, hai un certo número de obras que tamén poden considerarse dentro do mester: Razón de amor coa denominada auga e viño, ¡ Ay Jherusalem!, Vida de Santa María Egipcíaca, Elena e María, Libro da infancia e morte de Xesús ou dos tres reis de Oriente e a historia polimétrica troiana entre outros.

  1. "Mester de Clerecía: Características, Temas, Autores y Obras" (en español). Consultado o 7 de octubre de 2019. 
  2. "El Mester de Clerecía y la literatura didáctica" (en español). Consultado o 7 de octubre de 2019.