[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Meronimia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Meronimia é unha relación semántica. Un merónimo é o nome atribuído a un constituínte que forma parte dun todo, que é substancia de algo ou que é membro dun grupo. Meronimia é o oposto á holonimia.

Polo tanto:

X é merónimo de E se X forma parte de E.
X é merónimo de E se X é unha substancia de E.
X é merónimo de E se X é un membro de E
  • doutor é merónimo de oficio.
  • Dedo é un merónimo de man.
  • roda é merónimo de bicicleta.