[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Marvel Comics

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo
Logo

Marvel Comics é unha editorial estadounidense de banda deseñada, con sede en 387 Park Avenue South, en Nova York. Entre as súas revistas máis famosas encontramos os Catro Fantásticos, Spiderman, Hulk, Capitán América, Punisher, Deadpool, X-Men. É unha das dúas empresas estadounidenses máis importantes, xunto a DC Comics, dende a década de 1960. Actualmente, conta con máis de 4.700 personaxes.

O 31 de agosto de 2009, a empresa The Walt Disney Company anuncia a compra da marca Marvel Entertainment por 4.000 millóns de dólares[Cómpre referencia], traspasando así preto de 5.000 personaxes ao mundo Disney Enterprises, Inc..

Timely Comics (anos 40).
Atlas Comics (anos 50).

Marvel foi fundada nos anos 30 do século XX, utilizando varios nomes, entre os cales Timely Comics foi o máis utilizado). A súa primeira publicación foi en 1939 co primeiro número da revista Marvel Comics, onde se deron as primeiras aparicións do superheroe Facho Humano (non o dos Catro Fantásticos, senón un androide con poderes moi semellantes que reaparecería no universo Marvel ao longo dos anos 80-90) e o antiheroe Namor, (o Príncipe Submarino). Durante os anos 40 a Timely tamén era coñecida por publicar o seu heroe patriota Capitán América.

Nos anos 50, xuntamente coas restantes editoras, a Marvel atravesou tempos difíciles. Durante esta década publicou principalmente historias con monstros, en xeral condimentadas lixeiramente con ficción científica. Durante esta época, a empresa foi coñecida por Atlas Comics ou Timely/Atlas.

DC Comics estaba a conseguir éxito ao renacer o xénero de superheroes de banda deseñada ao final dos anos 50 e comezos dos anos 60, e a Marvel decidiu seguir o mesmo camiño, para o cal os seus empregados Stan Lee (edición e argumento) e Jack Kirby (arte) crean os Catro Fantásticos. A revista foi un éxito e a Marvel comezou a publicar outros títulos de superheroes. O que tivo máis éxito foi o de Spiderman, por Stan Lee e Steve Dikto.

Os libros da Marvel distinguíanse dos demais polo universo no que se desenvolvían era máis próximo á realidade. Os argumentos exploraban a caracterización das personaxes. No caso de Spiderman, era un heroe con algunha falta de autoestima e moitos problemas mundanos, semellantes ao de moitos adolescentes. Este novo ollar acabou por revolucionar, co paso do tempo, a banda deseñada norteamericana. Lee gañou prestixio e foi durante algúns anos o director da empresa.

No inicio dos anos 70 unha serie de novos directores traballaran para a empresa nunha época non moi favorábel para esta industria. Ao final desa década a Marvel estaba novamente de boa saúde, grazas ás novas estratexias de mercadotecnia na distribución e á renovación do título X-Men, por Chris Claremont e John Byrne.

Nos anos 80, Jim Shooter era o director. A pesar da súa personalidade controvertida conseguiu eliminar algúns dos males da empresa, como a falta de publicación das revistas no prazo debido, e promover un renacemento creativo na empresa.

No ano 1981 a Marvel comprou os estudios de animación DePatie-Freleng Enterprises, do famoso animador dos Looney Tunes, Frit Freleng. A empresa foi rebautizada como Marvel Productions Ltd. e produciu series de debuxos animados bastante coñecidas, como G.I. Joe, Transformers e Muppet Babies.

En 1988 a Marvel foi comprada polo produtor e empresario Ronald Perelman, que colocou a empresa na bolsa de Nova York e promoveu o aumento do número de títulos publicados. Entre tanto, a empresa vendeu o seu catálogo de animación a Saban Entertainment e pecharon permanentemente o estudio de animación, optando por contratar terceiros para producir os seus proxectos de animación.

A Marvel gañou bastante diñeiro no inicio dos anos 90 debido ao boom da banda deseñada nos Estados Unidos, pero a mediados da década apareceron acusacións de que Perelman tirara todos os cartos da empresa en beneficio propio. Como consecuencia, a industria de distribución de revistas de banda deseñada sufriu un grande abalo cando a Marvel anunciou que o seu distribuidor exclusivo pasaría a ser o Heroes World. A perda potencial da maior empresa da industria, orixinou o peche das actividades da maioría dos distribuidores. Hoxe só existe unha grande distribuidora de banda deseñada nos Estados Unidos, a Diamond Distribution, o que moitos peritos xulgan ter causado inmenso dano na industria da banda deseñada.

O investidor Carl Icahn tentou obter o control da Marvel, pero por loitas xurídicas, o control da empresa foi entregado en 1997 a Isaac Perlmutter, propietario da Toy Biz, unha das empresas do grupo. Co seu socio Avi Arad e os seus nomeados (e controvertidos) editor Bill Jemas e o director Joe Quesada, Perlmutter reergueu a Marvel. Co gallo da revitalización das revistas da empresa, algúns dos seus personaxes foran adaptados para se tornaren filmes de éxito, principalmente X-Men e Spiderman.

A Marvel mantense coma unha das principais editoras norteamericanas de banda deseñada, mesmo nunha altura na que a industria é apenas unha fracción do que foi décadas atrás. Stan Lee xa non está oficialmente ligado á empresa, pero permanece un nome coñecido na industria e ocasionalmente demostra o seu cariño polos personaxes.

En 2001, a Marvel Comics retirouse da Comics Code Authority e estableceu o seu propio sistema de clasificación para as súas revistas. Creou tamén novas liñas editoriais, incluíndo unha destinada a adolescentes máis vellos (Marvel Knights) e outra a adultos (MAX).

Editores xefe

[editar | editar a fonte]

Os editores xefe de Marvel foron figuras de gran poder, tendo a última palabra en decisións creativas da compañía.

A Marvel no cine

[editar | editar a fonte]

Os principais personaxes da Marvel foron adaptados ao cinema. Orixinalmente isto fíxose mediante o outorgamento de licenzas a diferentes compañías. O caso máis coñecido é o de Spider-Man, cuxos dereitos de explotación cinematográfica foron vendidos a Sony en 1998 por 10 millóns de dólares[1], quen faría tres filmes na década seguinte:

O éxito destes filmes nos cinemas e en DVD levou a Marvel a tentar capitalizar ese éxito por si mesma mediante o proxecto que posteriormente se denominaría Universo Cinematográfico de Marvel (UCM). Desenvolvido en diferentes fases (en 2022 está en plena fase 4 e xa ten proxectadas as fases 5 e 6), o seu primeiro título foi Iron Man (2008), ao que seguirían filmes sobre outros supereheroes ou grupos de superheroes como Capitán América, Thor, Os Vingadores, a Viúva Vermella ou Doutor Estraño.

De maneira análoga aos filmes, Marvel cedeu inicialmente os dereitos de explotación dalgúns superheroes en forma de serie á plataforma Netflix para a súa estrea mediante vídeo baixo demanda. Así naceron as seguintes miniseries:

Posteriormente, da como propiedade de Disney, desenvolvéronse distintas miniseries que forman parte das distintas fases do UCM, como:

Notas

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]