Maruxa (filme de 1923)
Maruxa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Henry Vorins |
Produtor | Ernesto González |
Guión | Ernesto González, baseado na obra lírica de Amadeo Vives e Luis Pascual Frutos |
Intérpretes | Paulette Landais (Maruxa) Florián Rey (Pablo) Elvira López (Rosa) José Mora (Rufo) José Aguilera (Antonio) Asunción Delgado (Dorotea) Antonio de la Mata (Buenaventura) |
Música | Amadeo Vives |
Fotografía | Luis R. Alonso |
Distribuidora | Celta Films |
Estrea | 1923 |
Orixe | Galicia |
Xénero | drama e romance |
Na rede | |
Maruxa é un filme mudo español rodado en Galicia en 1923. Foi dirixido por Henry Vorins, e baséase na obra lírica Maruxa, de Amadeo Vives.
Trama
[editar | editar a fonte]É un melodrama amoroso entre mozos nun contorno rural. Rosa é unha rapaza herdeira dunha gran fortuna, que regresa á aldea logo de moitos anos nun internado. Os seus titores son Buenaventura e Dorotea, que queren casala co seu fillo, Antonio. Porén, Rosa quere a Pablo, un pastor ao servizo de Buenaventura, e Antonio quere a Maruxa. Para se citaren cos seus amados, Rufo é o mordomo da casa, que procura evitar os encontros entre os amados. Maruxa, que é analfabeta, pídelle axuda a Rosa para lle escribir unha carta de amor a Pablo. Rosa aproveita para citalo media hora antes e ir ela ao encontro, pero Antonio descobre a misiva e aparecen os catro a un tempo.
Características
[editar | editar a fonte]Foi unha produción de Celta Films, protagonizada por Paulette Landais e Florián Rey. Rodouse en Vigo e Sárdoma no verán de 1923, e estreouse o 11 de novembro dese mesmo ano no Cine Goya de Madrid. Non se conserva ningunha copia do filme. Os títulos tiñan unha versión en galego, escritos por Manuel Lugrís Freire.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castro de Paz, José Luis, ed. (1996). Historia do cine en Galicia. Vía Láctea Editorial. p. 82-83. ISBN 84-89444-22-6.