Marta Lado
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xaneiro de 1981 (43 anos) Fisterra, España |
Educación | Escola Superior de Arte Dramática de Galicia |
Actividade | |
Ocupación | actriz, escritora |
Premios | |
| |
Marta Lado, nada en Fisterra[1] o 24 de xaneiro de 1981, é unha actriz e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 2005 licenciouse en Economía na Universidade de Vigo.[2] Estudou na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (2007-2011), con especialidade en interpretación xestual. En televisión, participou en series como Con amor e compañía, Serramoura ou O Faro, ou programas como A casa da Conexa ou O Show dos Tonechos. En cinema, salientan os seus papeis en Ons, papel polo que recibiu o Premio Mestre Mateo á mellor actriz secundaria,[3] e Sicixia, mellor interpretación feminina no Festival Cinespaña de Tolosa.
En teatro participou nas obras Tartufo, do Centro Dramático Galego, Ubú Rei, de Talía Teatro, e O Servidor de dous amos, tamén de Talía Teatro e polo que levou o María Casares á mellor actriz secundaria.
En 2021, gañou o Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade pola obra A pita xefa.[4]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Cinema
[editar | editar a fonte]- Vilamor (2012) como Adelaida
- Sicixia (2016) como Olalla
- Ons (2020) como Isabel
- Malencolía (2021)
- As bestas (2022) como garda criminalística
- Honeymoon (2023) como muller do recibidor
Televisión
[editar | editar a fonte]- Serramoura (2017, tres episodios) como Bea
- Con amor e compañía (2017)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Marta Lado: instinto en acción". Nós Diario. 12 de abril de 2024. Consultado o 25 de novembro de 2024.
- ↑ artiss.es (ed.). "C V Marta Lado". Consultado o 25 de novembro de 2024.
- ↑ Rodríguez, F.; Blanco, P. (18 de xaneiro de 2022). "Marta Lado: «Situeime no mundo como nai-actriz»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2024.
- ↑ Diario, Nós. "Marta Lado gaña o Premio Fina Casalderrey pola obra 'A pita xefa'". Nós Diario. Consultado o 2021-06-02.