[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Martín Berasategi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMartín Berasategi

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Martín Berasategui Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(eu) Martin Berasategui Olazabal Editar o valor en Wikidata
27 de abril de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Donostia, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Martín Berasategui (1993–)
Fifty Seconds Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónchef Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webmartinberasategui.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1247418

Martín Berasategui Olazábal, nado en Donostia o 27 de abril de 1960, é un recoñecido restaurador vasco.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou no colexio dos Pais Capuchinos de Lekaroz, no Val de Baztan (Navarra). Está inmerso no mundo da cociña desde os trece anos, grazas a súa nai e a súa tía. Iniciouse no negocio familiar, Bodegón Alejandro, do cal se converteu en responsable principal aos 21 anos. Cinco anos despois, recibiu a estrela Michelín. Así mesmo, desde moi novo viaxou con regularidade a Francia, para completar a súa formación.

O 20 de xaneiro de 2005 recibiu o Tambor de Ouro de Donostia no día grande da cidade, o máximo galardón que entrega o Concello de Donostia. Segundo palabras súas ese galardón fíxolle máis ilusión que recibir a terceira estrela Michelín.

O seu restaurante máis coñecido está en Lasarte e dispón dunha cualificación de 3 estrelas na prestixiosa Guía Michelín, sendo considerado un dos máis coñecidos representantes da nova cociña vasca. Tamén dispón doutros restaurantes como o do Kursaal en Donostia cunha estrela Michelín ou o do museo Guggenheim Bilbao.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]