Mars
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Mars | |
---|---|
Orixe | Nova York, |
Período | 1975 - 1978 |
Xénero(s) | No wave, rock experimental, post-punk, noise rock |
Selo(s) discográfico(s) | Rebel/ZE, Widowspeak, Atavistic, G3G |
Membros | Sumner Crane Mark Cunningham China Burg Nancy Arlen |
Antigos membros | Rudolph Grey |
Na rede | |
Mars foi unha banda de No Wave estadounidense procedente de Nova York formada polo vocalista Sumner Crane en 1975. A el uníuselle China Burg (guitarra, voces), Mark Cunningham (baixo) e a artista Nancy Arlen (batería), e durante un breve período de tempo o guitarrista Rudolph Grey. A banda realizou un concerto baixo o nome China antes de cambialo a Mars. Tocaban unha mestura de improvisacións ambientais noise, con letras surrealistas. Todos os seus membros non tiñan coñecementos musicais antes da formación da banda.
Mars tocou en directo unhas 25 veces, todas en Manhattan. O seu primeiro concerto foi no club CBGB's en xaneiro de 1977; e o derradeiro no Max's Kansas City o 10 de decembro de 1978. A súa gravación de estrea foi o sinxelo de 7 polgadas "3-E"/"11,000 Volts", editado polos selos Rebel Records/ZE Records. A banda editou posteriormente un EP en directo despois da súa separación en 1978. Ambas gravacións foron compiladas polo selo de Lydia Lunch, Widowspeak Records, en 1986, co nome 78.
En 1978 Mars apareceu no influente recompilatorio No New York producido por Brian Eno, xunto con DNA, Teenage Jesus and the Jerks e James Chance and the Contortions, que contribuíu ao nacemento do xénero No Wave.
Discografía
[editar | editar a fonte]- "3-E" (b/w "11,000 Volts") - 7", 197_ (Rebel)
- No New York - LP, 1978 (Antilles/ Island) (recentemente reeditado en CD)
- Mars - 12" EP (live), 1979 ou 1980 (Lust/Unlust/ Infidelity)
- John Gavanti - LP, 1980 (Hyrax) (CD reeditado por Atavistic)
- 78 - LP, 1986 (Widowspeak)
- Live Mars 77-78 - CD, 1995 (DSA) (Francia)
- 78+ - CD, 1996 (Atavistic)
- Mars LP: The Complete Studio Recordings, NYC 1977-1978 - CD, 2003 (G3G/ Spookysound) (España; edición limitada)