[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Mariño diácono

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Mariño.

San Mariño diácono, chamado o Construtor, foi un canteiro, albanel ou ferreiro (segundo as fontes), que de acordo á lenda foi o fundador da máis vella república soberana do mundo que aínda sobrevive, San Marino, o 3 de setembro do ano 301.

Segundo a tradición, era un cristián que fuxiu da persecución de Diocleciano, abandonando a illa de Rab en Dalmacia, en dirección ao outro lado do mar Adriático, onde se refuxiou no alto do monte Titano. A súa festividade é o 21 de novembro.