Manuel Prego de Oliver
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1915 Ourense, España |
Morte | 28 de abril de 1986 (71 anos) Ourense, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Membro de | |
Movemento | Expresionismo |
Lingua | Lingua castelá |
Manuel Prego de Oliver, nado en Ourense o 1 de abril de 1915 e finado na mesma cidade o 28 de abril de 1986[1][2][3], foi un pintor galego próximo ó expresionismo[4][5].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Exerceu durante uns anos o maxisterio, mais trala guerra civil española foi depurado e apartado da docencia[4][6][7][8]. Cambiou o maxisterio pola súa outra vocación, a pintura, converténdose no seu medio de vida[6][7][9], pasou algunhas dificultades económicas que foi resolvendo mediante encargos de compromiso que lle proporcionaron recursos e lle permitiron seguir avanzando nos estudos artísticos[8]. Expuxo con éxito en Madrid no ano 1941 iniciando a súa faceta de investigador plástico e de afervoamento creativo[2][8]. Fixo ilustracións para o xornal ABC ou para a revista Blanco y Negro[10]. Ilustrou libros, como Merlín e familia ou As crónicas do sochantre de Cunqueiro[11]. Asistiu decote ós faladoiros ourensáns e retratou a moitos dos asiduos, acudiu xunto a outros persoeiros como Castelao, Vicente Risco, Ferro Couselo, Cuevillas, Arturo Baltar, García-Sabell, Torrente Ballester ou Paz Andrade[7][9]. Tras unha primeira etapa indagatoria, que coincide co fin da guerra civil, comeza o período no que se consagra ás cores terrosas, tendendo ó monocromático e a un granulado forte e vibrante. Esta etapa remata na década de 1980 cando se aprecia un xiro de depuración e finura harmónica[10].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rozas, M. (2011), p. 95
- ↑ 2,0 2,1 "As cartas de Luís Seoane a Manuel Prego de Oliver". Consello da Cultura Galega. Consultado o 10-12-2016.
- ↑ "Manuel Prego de Oliver Artista". Arteinformado. Consultado o 10-12-2016.
- ↑ 4,0 4,1 Paz, José (9-4-2011). "Prego, a pincelada emocionada". La Región. Consultado o 14-12-2016.
- ↑ Castro, X. A. (2011), p. 19
Pero a posición xeracional de Prego e a súa maneira de afronta-la pintura, nunha dinámica que poderíamos chamar, nos anos cincuenta, expresionista, permiten que o enmarquemos na primeira xeración de posguerra, que dota de continuidade histórica, no contexto do que antes de 1936 se chamou renovación, ós realismos e ós seus compromisos con Galicia.
- ↑ 6,0 6,1 Rozas, M. (2011), p. 7
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Rodríguez, Xosé Manoel (21-2-2012). "Ourense reivindica a Prego de Oliver con una gran antológica". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 10-12-2016.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 ines (26-9-2016). "Prego Oliver, Manuel (1915 - 1986)". Lembranzas1 (en castelán). Consultado o 10-12-2016.
- ↑ 9,0 9,1 "Manuel Prego de Oliver e Gómez del Valle". Wikiloc. Consultado o 10-12-2016.
- ↑ 10,0 10,1 Pozuelo, Abel H. (1-2-2007). "En recuerdo de Manuel Prego". El Cultural (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20-12-2016. Consultado o 10-12-2016.
- ↑ Fraga, Xesús (14-6-2006). "Una retrospectiva reivindica el legado del pintor Prego de Oliver". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 21-12-2016. Consultado o 15-12-2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Limia Gardón, Francisco Javier; Figueiras Pimentel, Natalia (2017). Prego, mestre da pintura. A creación plástica como experiencia vital. Ed. Xunta de Galicia. Museo Municipal de Ourense. Concello de Ourense.
- Rozas, Mercedes; Castro, Xosé Antón; Lezcano, Arturo; García Iglesias, José Manuel (2011). Manuel Prego de Oliver (PDF). Centro Cultural da Deputación de Ourense. p. 96. ISBN 978-84-92554-59-1. Arquivado dende o orixinal (pdf) o 20 de decembro de 2016. Consultado o 10 de decembro de 2016.