Manuel Castelao Mexuto
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1956 (67/68 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, director de cinema, profesor de ensino secundario |
Premios | |
Manuel Castelao Mexuto, nado en Santiago de Compostela en 1956, é un cineasta e escritor galego[1].
A súa actividade intelectual desenvólvese en tres áreas:
- A investigación na historia da literatura galega, con particular atención ao século XX.
- A produción cinematográfica, área onde conseguiu pór en andamento varias longametraxes. No mundo do cinema usa o pseudónimo de Raúl Veiga Rouriz.[2]
- Unha longa actividade pedagóxica como catedrático de Lingua e Literatura Galegas nun instituto de educación secundaria da Coruña, após ter realizado estudos de Filoloxía galego-portuguesa.
Traxectoria como Raúl Veiga
[editar | editar a fonte]De formación autodidacta, na década de 1970 realizou películas en Super 8, cineclubismo, crítica cinematográfica e foi operador de cámara no histórico documental sobre a destrución do Edificio Castromil en Santiago.[3] Impartiu tamén un curso de posgrao sobre dirección cinematográfica, organizado pola Universidade da Coruña en 1997. Publicou colaboracións en La Voz de Galicia e a Revista Galega de Filoloxía.
Deuse a coñecer escribindo o vídeo Veneno puro (1984, gañador de varios premios internacionais) e pasou á pantalla grande co guión da longametraxe Continental (1989). Fixo de axudante de dirección en 1990-1 e dedicouse xa en exclusiva a dirixir os seus propios guións a partir de A metade da vida (1994), única longametraxe rodada en galego nos anos 90. Arde amor (1999) foi a súa segunda longametraxe e mereceu múltiples premios, dous deles en festivais dos USA. Tamén ten practicado a crítica cinematográfica, a análise de filmes –da que resultou o libro Esta noite no cinema (2005), finalista do premio de ensaio da AELG– e foi membro do xurado en varios festivais internacionais. O documental El médico atento (2014) é a súa última longametraxe. Tamén escribiu e dirixiu a curtametraxe El médico seriamente enfermo (2014).
Guionista de cine
[editar | editar a fonte]- Veneno Puro (1984)
- Continental (1989) -con Xavier F. Villaverde-
- A metade da vida (1994). Remasterizada en 2020.
- Arde amor (1999)
- El médico atento (2014) -con Fernando Diz-Lois-
- El médico seriamente enfermo (2014) -con Fernando Diz-Lois-
- Contou Rosalía[4], estreado o 16 de maio de 2018 na TVG.[5]
Director de cine
[editar | editar a fonte]- A metade da vida (1994)
- Arde amor (1999)
- El médico atento (2014) -longametraxe documental-
- El médico seriamente enfermo (2014) -curtametraxe-[6]
Ligazón externa
[editar | editar a fonte]Traxectoria como Manuel Castelao Mexuto
[editar | editar a fonte]Desenvolveu actividade xornalística no inicio dos anos setenta, de que son boa mostra a súa colaboración diaria en El Ideal Gallego so o título “Desde Compostela de Galicia". Tamén foi auxiliar de redacción na delegación compostelá de La Voz de Galicia.
Do seu traballo sobre a literatura galega, destaca a serie de libros publicados por Edicións Laiovento e que tiveron como base, ora a súa tese de doutoramento “A aula literaria. Análise crítica de seis textos galegos do Novecentos” (2010, cualificada con sobresaliente cum laude e, posteriormente, obxecto dun Premio extraordinario de doutoramento da Universidade da Coruña, 2012), ora o texto que recibiu o Premio Carvalho Calero do Concello de Ferrol, na edición do centenario do autor homenaxeado.[7] Tamén é estudoso da obra de Eduardo Pondal e Anxo Rei Ballesteros.[8][9]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Libros sobre literatura contemporánea
[editar | editar a fonte]- Elucidacións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas pezas teatrais de Carvalho Calero (2010). Laiovento. 264 páxs. ISBN 978-84-8487-196-5.[10][11] Reeditado en 2019 como Elucidacións na Sombra. Carvalho en escena, ISBN 978-84-8487-454-6.[12]. Premio de ensaio Carvalho Calero, na XVIII edición en 2010. Finalista do premio de Ensaio da AELGA 2010.
- A máquina ousada. Pondal e a literatura (2020). Laiovento. 182 páxs. ISBN 978-84-8487-486-7.[13][14]
- Un modo de ler
- Novoneyra/Celso Emilio: Os eidos/Longa noite de pedra (2009). Laiovento. 240 páxs. ISBN 9788484871804.[15]
- Manuel-Antonio: De catro a catro (2010). Laiovento. 352 páxs. ISBN 978-84-8487-183-5.[16]
- Álvaro Cunqueiro: O incerto señor don Hamlet (2011). Laiovento. 260 páxs. ISBN 84-8487-209-2.[17]
- Cabanillas / Otero Pedrayo. Na noite estrelecida / Arredor de si (2022). Laiovento. 356 páxs. ISBN 9788484875598.[18][19]
Edición
[editar | editar a fonte]- Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa (2022). Manuel Castelao Mexuto e María Pilar García Negro (Eds.). Biblos. 670 páxs. ISBN 978-84-15086-54-3.
- Anxo Rei Ballesteros. Loaira (2023). Manuel Castelao Mexuto (ed.). Santiago: Laiovento. 490 páxs. Con introdución do editor, Loaira revisitada (pp. 7-40). ISBN 978-84-8487-629-8.[20]
Outras publicacións relacionadas con esta área do seu traballo son:
[editar | editar a fonte]- “Literatura e autoconstrução da identidade da Galiza”, en Carlos Manuel Ferreira da Cunha (ed.): Escrever a nação: literatura e nacionalidade (uma antologia), Guimarães, Opera Omnia, 2011, pp. 165–181.
- “Regreso a ‘Os eidos’”, suplemento de Cultura de La Voz de Galicia, 15 de maio de 2010, pp. 6-7.
- “Revisitação d’Os Eidos”, Boletín da Academia Galega da Lingua Portuguesa, nº 4, 2011, pp. 183–197.
Algúns traballos foron realizados so o pseudónimo Félix Casal.[21] Así:
- “O habitáculo suspenso. ‘De catro a catro’: literatura galega e modernidade”, Nova Renascença, vol. XIX, inverno/primavera 1999, pp. 233–248.
- “‘De catro a catro’: experiencia única”, en Crítica e autores I, A Coruña, La Voz de Galicia, 2002, pp. 76–77.
- Simposio “Ramón Vilar Ponte 50 anos despois”. Conferencia “Na noite estrelecida: tópicos literarios... e políticos”, 17 de xaneiro de 2003.
- “‘Os eidos’: analoxía e poesía”, en Amastran-N-Gallar, nº 7, verán 2004, pp. 36–42.
Para os seus traballos sobre Eduardo Pondal ten utilizado o pseudónimo de Castro Romai:
- “Pondaliana (Prefacio)”, en Extra-7 de A Nosa Terra, Eduardo Pondal. Home libre, libre terra, Promocións Culturais Galegas, Vigo, 1986, pp. 39–41.
- “Pondaliana (Fragmento)”, en A Trabe de Ouro, nº 6, tomo II, ano II, abril-xuño 1991, pp. 205–211.
En relación coa súa actividade pedagóxica, é autor da unidade didáctica A escaleira desigual (libro e CD), sobre o filme “A Condesa rebelde”, publicada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, 2012.[22]
Publicacións sobre cine co pseudónimo Raúl Veiga:
- Continental. O guión (1991). Con Xavier Villaverde e Marta Abelleira (1991). Os filmes da Fenda. 361 páxs.[23]
- Esta noite no cinema (2005). Biblos Clube de Lectores. 224 páxs. ISBN 978-84-934126-3-0.[24]
- Pacto de cabaleiros. Guión de longametraxe (2011). Biblos Clube de Lectores. 140 páxs. ISBN 978-84-15086-09-3.[25]
Produtor (cine)
[editar | editar a fonte]Como produtor de proxectos cinematográficos utiliza o nome de Manuel Castelao Mexuto:
- Canle aberta (1993) -curtametraxe-
- Arde amor (1999)
- El médico atento/O médico certo (2014)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Veiga, Raúl". BNE.ES. Consultado o 07/09/2017.
- ↑ "Raúl Veiga". Culgura Galega.org. Consultado o 7/9/2017.
- ↑ "Raúl Veiga Rouriz". Galicia Digital. Consultado o 07/09/2017.
- ↑ "Entrevista a Raúl Veiga". Zigzag-Eirado. Consultado o 16/05/2018.
- ↑ Veiga, Raúl (2019). "Libremente Rosalía. A propósito do filme “Contou Rosalía”" (PDF). Follas Novas, Revista de estudos rosalianos (Padrón) (4). ISSN 2530-3813. OCLC 982069779.
- ↑ "El médico seriamente enfermo" (PDF). ficae.es. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08/09/2017. Consultado o 07/09/2017.
- ↑ "Manuel Castelao". axendaalg. Arquivado dende o orixinal o 08/09/2017. Consultado o 8/9/2017.
- ↑ "Manuel Castelao fala de Anxo Rei Ballesteros en 2009". www.ogalego.eu. Consultado o 2019-09-10.
- ↑ Castelao, Manuel (2018). "Na nebulosa do Anxo: ‘Loaira’ revisitada". Barbantia (14): 133–153.
- ↑ "Edicións Laiovento - ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 2019-09-10.
- ↑ asociacionescritoras-es. "O sábado coñeceranse as obras gañadoras dos Premios AELG 2011 na Cea das Letras. Axenda cultural AELG". Consultado o 2019-09-10.
- ↑ "Diario Cultural do día 09/12/2019. CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2019-12-12.
- ↑ "A máquina ousada". www.laiovento.com. Consultado o 2020/10/31.
- ↑ Soto, Luis García (2021-05-11). "CASTELAO MEXUTO, Manuel: A Máquina Ousada. Pondal e a literatura, Laiovento, Santiago de Compostela, 2020, 183p.". Agora: papeles de Filosofía 40 (2): 261–267. ISSN 2174-3347.
- ↑ "Edicións Laiovento - NOVONEYRA / CELSO EMILIO". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 2019-09-10.
- ↑ "Edicións Laiovento - MANOEL- ANTONIO DE CATRO A CATRO". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 2019-09-10.
- ↑ "Edicións Laiovento - ALVARO CUNQUEIRO". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 2019-09-10.
- ↑ "Libro". consorcioeditorial.com.
- ↑ Escuredo, A. (2 de marzo de 2022). "Manuel Castelao remata a súa serie 'Un modo de ler' editada por Laiovento". Nós Diario.
- ↑ "Edicións Laiovento - LOAIRA". laiovento.gal. Consultado o 2023-07-18.
- ↑ "Pseudónimos galegos". ogalego.eu. Consultado o 8/9/2017.
- ↑ "A escaleira desigual. A condesa rebelde". igualdade.xunta.gal. Consultado o 8/9/2017.
- ↑ kantaronet.com. "Continental. O guión - . Ref.Rc50. Gallaecia Libros. Libros galegos antigos, libros galegos de coleccionismo, libros galegos esgotados, manuscritos, libros en galego... Tenda en liña dende Galicia". gallaecialibros.com (en Galician). Consultado o 2019-09-10.
- ↑ "BIBLOS.Clube de lectores. Esta noite no cinema". www.biblosclube.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2019. Consultado o 2019-09-10.
- ↑ novenoites (2011-07-22). "“Chega un momento en que os vellos…”". NOVENOITES. Consultado o 2019-09-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manuel Castelao Mexuto |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Elucidacións na sombra, Laiovento
- O meu Carvalho, por Manuel Castelao Mexuto (outubro de 2020)
- Conversa con Ramona Giráldez sobre Carvalho Calero (decembro de 2020)
- Entrevista en Nós Diario (febreiro de 2021)
- Vídeo presentación: Cabanillas / Otero Pedrayo
- Vídeo da palestra de Pilar García Negro e Manuel Castelao Mexuto sobre Ricardo Carvalho Calero
- Falando de Continental en 2022 na TVG2