[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lucio Redivo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLucio Redivo

(2023) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de febreiro de 1994 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Bahía Blanca, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor en Wikidata -
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase e Escolta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Arxentina
2012–2017 Bahía Basket
2017– CB Bilbao Berri

Twitter: LucioRedivo Editar o valor en Wikidata

Lucio Redivo, nado o 14 de febreiro de 1994 en Bahía Blanca é un xogador profesional internacional de baloncesto arxentino. Tamén conta coa nacionalidade italiana. Actualmente xoga para o New Basket Brindisi da LBA, onde ocupa a posición de escolta. Na temporada 2017 foi o máximo anotador (22,1 puntos por partido) da Liga das Américas da FIBA, máxima competición de clubs do continente, e escollido no quinteto ideal da mesma.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado na cidade de Bahía Blanca, Provincia de Bos Aires, Redivo comezou a súa carreira no baloncesto no Atlético Pacífico. Aos 16 anos uniuse ao Club Estudiantes de Bahía Blanca, principal equipo da cidade, onde nun principio non destacou. Porén, o xogador foi ascendendo chanzos chegando ao primeiro equipo da Liga Nacional de Básquet, máxima competición do país. Na temporada 2015−16, ás ordes de Sebastián Ginóbili, irmán de Manu Ginóbili, foi escollido ao finalizar a temporada xogador con maior progresión da liga. Ademais, foi convocado por primeira vez coa selección do seu país.

A súa explosión como xogador sería na temporada 2016-17, onde na Liga das Américas consegue facer 22,1 puntos por partido cun 35,1% en triplas, na Liga Suramericana 18,9 puntos (39,2%) e na liga doméstica 16,9 puntos (32,7%). Este gran rendemento levou a ser o máximo anotador da Liga das Américas e escollido no quintero ideal da competición. De feito chegou a meter 37 puntos nun só partido ante San Lorenzo. Tras finalizar vixa a Europa para xogar na Liga ACB co RETAbet Bilbao Basket. Antes de comezar a temporada conseguiu ser subcampión do Concurso de Triplas da ACB, perdendo na final con 21 puntos fronte os 25 de Marcus Eriksson. Xa na liga, conseguiu ser nomeado mellor xogador da xornada 27, onde anotou 31 puntos (cun 55% en tiros de tres) ante o Herbalife Gran Canaria. Tras finalizar a campaña asina polo Club Baloncesto Breogán da ACB.

Internacional

[editar | editar a fonte]

Debutou coa selección nacional da Arxentina no ano 2016. No ano 2017 consegue a medalla de prata no AmeriCup tras perder na final ante a selección dos Estados Unidos (81–76).[1] En 2019 foi subcampión do mundo no Mundial da China.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  • Subcampión da Liga Suramericana. Weber Bahía Basket (2016−17)
  • Subcampión da Liga das Américas. Weber Bahía Basket (2016−17)
  • Prata con Arxenina na AmeriCup 2017
  • Prata no Mundial de Baloncesto FIBA China 2019
  • Máximo anotador da Liga das Américas (2016−17)
  • Quinteto ideal da Liga das Américas (2016−17)
  • Xogador da Xornada 27 da ACB (2017−18)
  1. "Lucio REDIVO (ARG)". archive.fiba.com. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]