Lofiformes
Lofiiformes / Lofiformes (Lophiiformes) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Peixe sapo Lophius piscatorius | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Subordes | |||||||||||||||||
Os lofiiformes ou lofiformes (Lophiiformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde dos paracantopterixios (Paracanthopterygii).
Son peixes mariños, normalmente de augas pouco profundas, areosas e limosas. Inclúe especies tan coñecidas e apreciadas como o peixe sapo ou rabada.
Características
[editar | editar a fonte]Adoitan teren cabezas enormes, anchas, chatas e deprimidas dorsoventralmente, co resto do corpo reducido como se fose un apéndice da cabeza. A boca tamén é desproporcionadamente grande, con longos e puntiagudos dentes dirixidos cara a atrás. As mandíbulas e o estómago son distendibles, o que lles permite tragar peixes máis grandes ca eles. Poden alcanzar tamaños de ata 2 m e pesos máximos de 30 kg.
A pel é núa. As aletas carecen de espiñas e as pectorais están sostidas pou un curto brazo. Esta característica explica o nome de pediculados (Pediculati) co que tamén se coñece esta orde. Con estas "patas", as especies bentónicas son quen de "camiñar" polo chan do océano.
Resulta característica a modificación que sofre a primeira aleta dorsal: o primeiro ou primeiros raios espiñosos transfórmanse nun apéndice filiforme, rematado por un ensanchamento carnoso, que lles serve para atraer as presas e podelas enviar para a boca, nun rápido movemento, cando están próximas.[1]
Xeralmente son peixes abisais que viven en augas tan profundas que non existe luz, polo que algunhas especies hainos que desenvolven órganos bioluminiscentes.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en tres subordes, con 16 familias:[2][3]
- Suborde Antennarioidei
- Familia Antennariidae
- Familia Brachionichthyidae
- Suborde Lophioidei
- Familia Lophiidae
- Suborde Ogcocephalioidei
- Superfamilia Ceratioidea
- Familia Caulophrynidae
- Familia Centrophrynidae
- Familia Ceratiidae
- Familia Diceratiidae
- Familia Gigantactinidae
- Familia Himantolophidae
- Familia Linophrynidae
- Familia Melanocetidae
- Familia Neoceratiidae
- Familia Oneirodidae
- Familia Thaumatichthyidae
- Superfamilia Chaunacioidea
- Familia Chaunacidae
- Superfamilia Ogcocephalioidea
- Familia Ogcocephalidae
- Superfamilia Ceratioidea
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cousseau, María Berta et al. (2010): Ictiología. Aspectos fundamentales. La vida de los peces sudamericanos. Eudem (Editorial de la Universidad Nacional de Mar del Plata). ISBN 9879871371419.
- ↑ Froese, Ranier e Daniel Pauly, eds. Lophiiformes FishBase. Versión de setembro de 2009. (en inglés) Consultada o 13/11/2012.
- ↑ "Lophiiformes". www.itis.gov. Consultado o 2020-04-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lofiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lofiformes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Miya, M.; T. Pietsch; J. Orr; R. Arnold; T. Satoh; A. Shedlock; H. Ho; M. Shimazaki e M. Yabe (2010): "Evolutionary history of anglerfishes (Teleostei: Lophiiformes): a mitogenomic perspective". BMC Evolutionary Biology 10: 58. Amplo resumo (en inglés) Consultado o 13/11/2012.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lophiiforme pescando. Vídeo Consultado o 13/11/2012.