[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lisianski

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaLisianski
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas de Sotavento, Hawai Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaHawai Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativacondado de Honolulu, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Mapa
 26°03′51″N 173°57′56″O / 26.0642, -173.9656
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións1,1 (ancho) × 1,9 (lonxitude) km
Perímetro5 km Editar o valor en Wikidata
Superficie1,556 km² Editar o valor en Wikidata

A illa Lisianski (en hawaiano Papa'poho) é unha das illas de Sotavento de Hawai. Está situada a 220 km ao oeste de Laysan.

Lisianski é unha illa baixa de orixe volcánica moi erosionada. A superficie total é de 1´56 km², pero unidos á illa están os baixos Neva, que abranguen unha área duns 979 km².

A illa leva o nome de Urey Fedorovich Lisiansky, comandante ruso do Neva, que participaba na expedición de Adam Krusenstern, a primeira expedición rusa que deu a volta ao mundo. Lisiansky separouse da expedición e encalló en 1805 nesta illa. Logo dalgunhas variacións na transcrición do nome ruso, fixouse oficialmente como Lisianski Island.

Do mesmo xeito que Laysan, a illa Lisianski foi cedida polo reino de Hawai para a explotación do guano e cazáronse moitas aves para comerciar coas plumas. En 1909, o presidente Theodore Roosevelt, incluír na reserva natural para a protección de aves.