Linguas iranias orientais
Linguas iranias orientais | ||
---|---|---|
Falado en: | Taxiquistán, Afganistán, Paquistán, China, Rusia e Nacións extintas | |
Rexións: | Asia central, Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso, Condado Autónomo Taxico de Taxcurgán e Fronteira do Noroeste; Cáucaso Iristán | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Indoeuropea Indoirania Irania Linguas iranias orientais | |
Escrita: | Alfabeto cirílico e escrita perso-arábiga | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Só 5 son oficialmente recoñecidas | |
Regulado por: | Academia das Ciencias de Taxiquistán, Academia das Ciencias do Afganistán, Instituto das Ciencias do Iristán e Academia da Lingua e Literatura Persa | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas iranias orientais son un subgrupo das linguas iranias que emerxeron nos tempos do iranio medio (dende aproximadamente o século IV a.C.) A lingua avéstica é a miúdo clasificada coma iranio oriental temperán, pero isto é incerto.
Divídense en dúas ramas: a oriental setentrional e a oriental meridional. A pesar desta separación, as linguas iranias orientais forman un único dialecto contínuum conforme a unha innovación común.
En comparación aos dialectos iranios occidentais medios, os iranios orientais medios conservan a vogal final na última sílaba. Crese que as linguas iranias orientais se separaron das linguas iranias occidentais no curso de principios do segundo milenio a.C., e estaban situados preto da cultura Iaz.
A maior lingua irania oriental é o paxto con algo máis de 40 millóns de falantes, a principal lingua de Afganistán e Paquistán occidental.
Orientais setentrionais
[editar | editar a fonte]O grupo oriental setentrional ten só tre membros activos en dúas áreas bastamente separadas, a lingua iagnobiana en Taxiquistán (descendente do sogdiano) e o diasistema da lingua oseta no Cáucaso en Iristán do norte (Rusia) e do sur (Xeorxia) (tamén coñecido e chamado Osetia), (descendente dos escito-sármatas). Estes son restos dun vasto contínuum etnolingüístico que percorría a maioría das estepas de Asia Central no milenio I a.C. A mesma lingua avéstica, o máis antigo testemuño da rama irania, é un membro deste grupo. Coa presenza grega en Asia Central, algunhas da maioría destas linguas orientas deixaron testemuña no seu período iranio medio, mentres que dende o oeste de Cazaquistán (ou Cazaquia) a través da estepa Póntica ata Ucraína case ningunha testemuña do extenso contínuum escito-sármata sobreviviu.
- Avesta, aproximadamente 1300 - s. VII (clasificación incerta).
- Bactrio, aproximadamente século IV - século IX.
- Cuaresmio aproximadamente século IV - século XIII.
- Sogdiano, aproximadamente século IV.
- Escita.
- oriental (escita-khotanés).
- occidental (escita-sármata), aproximadamente século VIII.
- Diasistema oseto antigo (lingua oseta)
Orientais meridionais
[editar | editar a fonte]O grupo oriental meridional inclúe unhas 16 linguas e dialectos, dúas xa mortas, (11 segundo estimación do SIL) falados por moitos pobos no norte e sur de Asia Central (o Pamir-Saricul e Afganistán). Cada subfamilia nesta lista ten subgrupos e linguas individuais.
- Linguas do Pamir
- Rama xugnaniana
- Grupo meridional
- Grupo setentrional ou bartanguí-roxorví-sariculí
- Rama vanxiana
- Rama munxaniana-idgá
- Rama Ixcaximiana-sanglechiana
- Vakhí (con influencia sacá)
- Sargulamiano†
- Rama xugnaniana
- Paxto
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Compendium Linguarum Iranicarum, ed. Schmitt (1989), p. 100.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Lista de linguas iranias
- Linguas iranias orientais setentrionais
- Linguas iranias orientais meridonais
- Linguas iranias occidentais