[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Linguas artificiais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha lingua construída, tamén chamada lingua planificada, lingua artificial ou conlang, é un idioma que foi total ou parcialmente construído, planeado ou deseñado conscientemente por seres humanos. As linguaxes de programación non son linguas artificiais porque non son idiomas. Tampouco se considera lingua artificial a evolución histórica, e xa que logo non planeada conscientemente, de calquera lingua natural. A rama da lingüística que estuda as linguas artificiais é a interlingüística.

As motivacións que impulsan o xurdimento destas linguas non naturais son basicamente dúas:

  • Racionalizar a comunicación humana mediante linguas perfeccionadas en aspectos onde as linguas naturais son ambiguas, inzadas de excepcións, desacordes coa lóxica, irregulares etc. Tras este obxectivo están linguas artificiais como o lojban, estruturado sobre a lóxica de predicados. Dentro desta racionalización tamén se inscribe a procura de auxilinguas aptas para a comunicación internacional, como é o caso do esperanto, do Ido ou de interlingua. Algunhas veces tamén se persegue a neutralidade cultural das auxilinguas, que é o caso do mencionado lojban.
  • Motivos estéticos, artísticos, ou lúdicos. Neste apartado inscríbense linguas como as desenvolvidas por J. R. R. Tolkien para as súas sagas de ficción literaria, como o Quenya ou o Sindarin.

Clasificación das linguas artificiais

[editar | editar a fonte]

A maior parte das linguas artificiais teñen cabida nun destes tres grupos:

  1. Linguas auxiliares, que pretenden a comunicación entre persoas
  2. linguas experimentais, as cales poden ser lóxicas ou filosóficas
  3. Linguas artísticas, que agrupa todas as demais.

Unha clasificación máis detallada inclúe varios factores, tales como a súa intención de uso, o seu propósito de creación e a orixe do vocabulario e a gramática.

Pola súa intención de uso

[editar | editar a fonte]

As linguas construídas poden dividirse en dous grandes grupos de acordo á súa intención de uso: linguas auxiliares e linguas ficticias. As primeiras buscan ser un medio de comunicación real entre seres humanos mentres que as segundas son faladas por personaxes ficticios na imaxinación ou obra o autor da lingua, sen pretender ser faladas por persoas reais.

Estes propósitos poden subdividirse:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]